- Promovido por Aimplas, ten por obxecto mellorar as propiedades dos materiais empregados nos envases, dando resposta ás esixencias da UE para 2030, momento no que todos os envases deben ser reciclables.
Cerceda, a 13 de abril de 2021.- Aimplas (Instituto Tecnolóxico do Plástico) desenvolve o proxecto Envase 4.0, cuxo obxectivo é mellorar as propiedades dos materiais empregados no envasado, tanto barreira, para alongar a vida dos alimentos, como antimicrobiana, para garantir a seguridade alimentaria, e mecánica, para mellorar a súa sostibilidade e lograr envases reciclables e compostables.
O traballo acometido enmárcase nas esixencias da UE, que establecen que no ano 2030 todos os envases deben ser reciclables.
Na actualidade, e dado que non existe un único material que presente todas as propiedades que require un envase para conter e protexer ao produto, ao redor do 70% dos envases presenta unha estrutura multicapa na que cada tipo de material cumpre unha determinada función.
Con este proxecto agárdase obter novas estruturas de envase máis sinxelas que permitan a súa reciclaxe.
Fonte: Aimplas
Imaxe: Pexels