Que é
a compostaxe
doméstica?
A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar.
A compostaxe doméstica ofrece grandes vantaxes medioambientais e económicas, xa que, ao reciclarse a materia orgánica en orixe, redúcese a cantidade de refugallos depositados no contedor xenérico, propiciando que se minore a frecuencia de recollida e transporte de lixo por parte dos servizos municipais, e, polo tanto, que se reduzan as emisións de CO2 á atmosfera. Así mesmo, contribúe a diminuír as toneladas de residuos entregadas a SOGAMA para o seu tratamento final, minguando deste xeito o importe da factura a abonar polos concellos a esta empresa pública.
A compostaxe doméstica ofrece grandes vantaxes medioambientais e económicas, xa que, ao reciclarse a materia orgánica en orixe, redúcese a cantidade de refugallos depositados no contedor xenérico, propiciando que se minore a frecuencia de recollida e transporte de lixo por parte dos servizos municipais, e, polo tanto, que se reduzan as emisións de CO2 á atmosfera. Así mesmo, contribúe a diminuír as toneladas de residuos entregadas a Sogama para o seu tratamento final, minguando deste xeito o importe da factura a abonar polos concellos a esta empresa pública.
A boa ubicación do composteiro permitirá que o compost que produza sexa de boa calidade, optimizando recursos coma as horas de luz, a ventilación e a humidade do solo.
Os restos de verduras e froitas, restos de poda, herba cortada e céspede, as follas secas e demais elementos orgánicos do teu fogar, servirán para producir un abono natural óptimo.
Co aireador conseguiremos ventilar o compost sen que perda propiedades e coa pa ordenaremos correctamente as capas para a súa descomposición eficiente.
A auga é imprescindible para humedecer os materiais e conseguir que non sequen. Deste xeito, garantiremos a transformación da materia orgánica en compost.
Para comezar, precisas colocar o composteiro no exterior da vivenda, nunha zona de sombra, protexido contra o vento e os cambios de temperatura bruscos (por exemplo, baixo unha árbore de folla caduca) e en contacto directo coa terra, para que os microorganismos, insectos e miñocas accedan ao seu interior.
Para obter un bo compost debes ter en conta uns sinxelos parámetros:
TAMAÑO: o tamaño dos fragmentos a compostar non debe superar os 5 centímetros. Canto máis grande sexa o tamaño dos residuos depositados, máis lenta será a descomposición. Porén, se os elementos son demasiado finos, a pila pode compactarse e non permitir a súa correcta osixenación.
MATERIAIS: o compost debe ser rico en humus. O humus é a capa da terra con maior volume de nutrientes que xorde da descomposición de restos orgánicos animais e vexetais.
Os residuos coma o esterco de aves, o café ou a herba conteñen moito nitróxeno e aceleran este proceso, mais aportan pouco humus.
Os elementos coma as pólas grosas, a serradura, palla, papel ou madeira retardan a descomposición, mais achegan abondoso humus.
CARBONO-NITRÓXENO: os restos con mellor proporción de carbono e osíxeno son as follas de árbores froiteiras, arbustos, ortigas e o esterco do gando.
AIREACIÓN: para favorecer a entrada de aire na pila sen secala é preciso mesturar ben os materiais grosos e finos e voltear o compost cando se atope moi compacto ou moi húmido.
HUMIDADE: a mestura ten que estar húmida, pero non
mollada, xa que levaría á súa putrefacción. Para evitalo é
preciso xogar cos materiais secos e húmidos que vaiamos
introducindo no composteiro. Unha forma sinxela de medir a
humidade da mestura é coller unha presa e apertar coa man.
Se queda compacta, ten a humidade xusta; se se esfarela,
está seca e, se pinga, está moi húmida.
En función dos resultados, poderemos secar ou humedecer
facilmente, engadindo materiais secos ou húmidos, segundo
o caso.
TEMPERATURA: o compost debe atoparse arredor dos 50º - 60º C.
OSÍXENO: o compost só se logrará se hai presenza de osíxeno (é un proceso aerobio) polo que, en ocasións, será necesario remexer a mestura para aireala.
Contacto
Morzós, 10 • As Encrobas • 15187 – Cerceda (A Coruña) / Tlf.: 981 698 500 • Fax: 981 686 064
SOGAMA vén subministrando
composteiros aos concellos
adscritos ao seu programa.
Son os propios entes locais os
encargados de distribuílos
entre a veciñanza segundo os
criterios establecidos en cada
caso.
Consulta aquí se o teu concello está adscrito ao programa.
Durante os primeiros días, entre 2 e 4, os microorganismos do composteiro se aclimatan e multiplican, comezando a degradar os residuos. A temperatura da pila aumenta, nesta fase, ata os 50ºC.
Nos seguintes días, debido á subida de temperatura, multiplícanse as bacterias e fungos, coñecidos coma organismos termófilos, que degradan rapidamente a materia e aumentan a temperatura ata os 70ºC. Nesta fase, que pode alongarse ata os dous meses, desaparecen as larvas, sementes e elementos patóxenos.
Esta fase final dura ata tres meses. Nela prodúcese unha fermentación lenta, na que a parte máis resistente da materia orgánica degrádase finalmente, baixando a temperatura do compost.
Significado: exceso de auga.
Solución: remexer e engadir materiais secos (serraduras, pólas…).