Esta web está pensada para ver dende o móbil. Podes acceder a ela a través deste QR ou, se o prefires, podes descargar o contido en pdf.

Esta web está pensada para ver desde el móvil. Puedes acceder a ella a través de este QR o, si lo prefieres, puedes descargar el contenido en pdf.

This website is designed for viewing on mobile phones. It can be accessed via this QR or, alternatively, the content may be downloaded in pdf format.

numero1

SOGAMA

foto1

Somos unha empresa pública, participada nun 51% pola Xunta de Galicia e nun 49% por Naturgy, creada en 1992 pola necesidade de ofrecer unha resposta global, colectiva e comprometida coa preservación da contorna, ao problema da xestión dos residuos municipais.

ZONA FONDO 3

numero3

Infraestrutura
de vangarda

O innovador Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), que vertebra toda a actividade de SOGAMA, é o punto central dunha rede de capilaridade que percorre o noso país, formada por plantas de transferencia que reciben os residuos da bolsa amarela, negra e marrón diferenciados por tipoloxía.

A empresa, como brazo executor da Xunta de Galicia, conta ademais cunha rede de infraestruturas para a valorización da materia orgánica recollida a través do contedor marrón, posibilitando así a súa transformación en compost. Esta rede, conformada por 4 plantas de biorresiduos (unha por provincia: Cervo, en Lugo; Cerceda, na Coruña; Vilanova de Arousa, en Pontevedra; e Verín, en Ourense) e 13 plantas de transferencia preparadas para o transvasamento diferenciado desta fracción de residuos, permite que a práctica totalidade dos concellos adheridos dispoñan dunha destas instalacións a menos de 50 km de distancia.

mapa
numero4

A circularidade
no modelo
SOGAMA

A nosa actividade céntrase nas fraccións que se depositan no contedor amarelo (envases plásticos, latas e briks), no contedor marrón (materia orgánica) e no xenérico (resto).

Os materiais depositados no contedor azul (papel e cartón), iglú verde (vidro) ou outros residuos como pilas, aparellos eléctricos, aceites etc., son asumidos directamente por xestores autorizados para cada tipoloxía designados polos concellos

Cada unha das fraccións ten un tratamento diferenciado cando chega ás instalacións de SOGAMA, co obxectivo de que todos os residuos xestionados sexan transformados en recursos, pechando así o círculo da sostibilidade.

0

Concellos adheridos a SOGAMA, o 94% dos de Galicia

0

Dá servizo a máis de 2 millóns de persoas

0

Capaz de xestionar 1 millón de toneladas/ano de residuos

0
%

A enerxía que produce SOGAMA equivale ao consumo do 12% dos fogares galegos

0
%

Dos residuos transportados por tren

0

Postos de traballo, entre directos e indirectos

Contacto

Morzós, 10 • As Encrobas • 15187
Cerceda (A Coruña) / Tlf.: 981 698 500
Fax: 981 686 064
Atención á cidadanía