Esta web está pensada para ver dende o móbil. Podes acceder a ela a través deste QR ou, se o prefires, podes descargar o contido en pdf.
Esta web está pensada para ver desde el móvil. Puedes acceder a ella a través de este QR o, si lo prefieres, puedes descargar el contenido en pdf.
This website is designed for viewing on mobile phones. It can be accessed via this QR or, alternatively, the content may be downloaded in pdf format.
Somos unha empresa pública, participada nun 51% pola Xunta de Galicia e nun 49% por Naturgy, creada en 1992 pola necesidade de ofrecer unha resposta global, colectiva e comprometida coa preservación da contorna, ao problema da xestión dos residuos municipais.
Tomando como referencia o modelo de xerarquía europea baseado no principio dos 3+1R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Revalorizar), e co aval da Unión Europea a través dos Fondos de Cohesión, convertémonos nunha empresa punteira na xestión sostible dos residuos contribuíndo á protección de medio ambiente, ao crecemento económico e á cohesión social.
obxectivo
Damos servizo ao conxunto de Galicia.
Incorporamos aos nosos procesos industriais as últimas tecnoloxías dispoñibles.
Incorporamos os principios da xerarquía europea na xestión de residuos: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Revalorizar.
Prestamos o mesmo servizo e aplicamos o mesmo prezo a todos os concellos adheridos.
modelo
Buscamos a optimización en todo o sistema mediante unha ampla rede de infraestruturas que permite o transvase do lixo e o seu transporte (por ferrocarril e estrada) ata o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña) onde recibe tratamento: clasificación dos materiais reciclables para posterior envío aos centros recicladores e conversión en enerxía eléctrica da fracción non reciclable.
O programa de visitas á nosa infraestrutura industrial, a impartición de sesións formativas dirixidas a distintos colectivos, o liderado de proxectos ambientais, os acordos de colaboración con outras entidades nacionais e internacionais, así como a aposta pola divulgación e a información transparente en medios, constitúen e os alicerces que sustentan o labor de SOGAMA no eido da concienciación e sensibilización social da cidadanía.
coa educación ambiental
Infraestrutura
de vangarda
O innovador Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), que vertebra toda a actividade de SOGAMA, é o punto central dunha rede de capilaridade que percorre o noso país, formada por 37 plantas de transferencia que reciben os residuos da bolsas amarela e a bolsa negra diferenciados por tipoloxía.
A empresa, como brazo executor da Xunta de Galicia, está a traballar na construción e posta en marcha de infraestruturas para a valorización da materia orgánica recollida a través do contedor marrón, posibilitando así a súa transformación en compost. Esta rede estará conformada por catro plantas de biorresiduos (unha por provincia) e 13 plantas de transferencia preparadas para o transvase diferenciado desta fracción de residuos. O obxectivo é que a práctica totalidade dos concellos adheridos a SOGAMA dispoñan dunha destas plantas a menos de 50 quilómetros de distancia.
A circularidade
no modelo
SOGAMA
A nosa actividade céntrase nas fraccións que se depositan no contedor amarelo (latas, briks e envases plásticos), no contedor marrón (materia orgánica) e no convencional (resto).
Os materiais depositados no contedor azul (papel e cartón), iglú verde (vidro) ou outros residuos como pilas, aparellos eléctricos, aceites, etc. son asumidos directamente por xestores autorizados para cada tipoloxía designados polos concellos.
Cada unha das fraccións ten un tratamento diferenciado cando chega ao Complexo Medioambiental, co obxectivo de que todos os residuos xestionados sexan transformados en recursos, pechando así o círculo da sostibilidade.
amarela
negra
marrón
Concellos adheridos a SOGAMA, o 94% dos de Galicia
Dá servizo a máis de 2 millóns de persoas
Capaz de xestionar 1 millón de toneladas/ano de residuos
A enerxía que produce SOGAMA equivale ao consumo do 12% dos fogares galegos
Dos residuos transportados por tren
Postos de traballo, entre directos e indirectos
Contacto
Morzós, 10 • As Encrobas • 15187
Cerceda (A Coruña) / Tlf.: 981 698 500
Fax: 981 686 064
Atención á cidadanía