Reducir a produción de lixo, alongar a vida útil dos produtos e separalos por tipoloxías para contribuír á súa reciclaxe constitúe unha responsabilidade compartida. O medio ambiente clama pola axuda de todos, tamén a túa. Con pequenos xestos podemos lograr unha contorna máis sostible, mellorando o noso benestar e calidade de vida, e, sobre todo, axudando a que as próximas xeracións gocen dun futuro mellor. É máis sinxelo do que cres.
Só se trata de actuar con responsabilidade e utilizar o sentido común. Seguindo estes 10 sinxelos pasos lograrás grandes cambios. Agardamos a túa axuda.
Elabora unha lista previa e céntrate no que verdadeiramente necesites.
Minimiza o consumo de bandexas, envases e envoltorios superfluos.
Recupera o carriño da compra de toda a vida ou leva a túa propia bolsa reutilizable.
Diferenza entre data de caducidade (momento a partir do cal un produto pode supoñer risco para a saúde) e data de consumo preferente (momento a partir do cal un produto pode perder cualidades –textura, sabor, olor-, pero sen representar unha ameaza para a saúde).
Os alimentos feos teñen as mesmas propiedades nutritivas que os guapos. Failles un oco na túa cesta da compra.
Consume antes os produtos máis antigos e aproveita as sobras para elaborar novos menús.
Se vives nunha casa unifamiliar con terreo, unha magnífica opción para aproveitar os residuos alimentarios e vexetais é a elaboración de compost. Obterás un abono natural con excelentes propiedades para o solo.
Esquécete de vasos, pratos e cubertos de plástico. Opta pola súa versión reutilizable (metal, vidro, louza).
Descarta os manteis, panos, rolos e servilletas de papel. Volve á tea de sempre. Lavar e utilizar de novo.
Acumular cousas que xa non che resulten de utilidade non ten sentido. Regálaas ou véndeas en mercados e aplicacións online de segunda man.
NUNCA deposites no contedor amarelo roupa, vidro, cartón, restos orgánicos ou outros obxectos que non sexan envases.
NUNCA introduzas no contedor azul papel de aluminio, briks, cueiros, servilletas e panos de papel sucios, cartón e papel manchados de graxa ou aceite.
NUNCA arroxes ao iglú verde lámpadas, tubos fluorescentes, porcelana, cerámica, cristal de xanelas ou espellos, vasos, copas de cristal, tapóns, cortizas, tapas metálicas dos envases de vidro, etc.
NUNCA nunca tires neste contedor o que poida ser reciclado
Recipientes para pilas, que podes atopar en concellos, centros escolares, establecementos comerciais.
Puntos limpos, recintos específicos cos que contan moitos concellos aos que os cidadáns deben levar aqueles refugallos especiais xerados nos fogares e que, dadas a súas características, non poden ser depositados nos contedores de recollida selectiva emprazados nas rúas.
Composteiros domésticos, perfectos para que os que habitan en vivendas unifamiliares con horta ou xardín. Fabricar o teu propio compost é fácil e moi útil. Máis información en www.compostaconsogama.gal.