- O evento, que terá lugar o próximo 28 de abril en Santiago, contará coas achegas de Paula Uría Traba, secretaria xeral de Industria, e de Mireia Medina Ramos, de Ernst & Young, S.L
- A sesión de clausura correrá a cargo da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez
Cerceda, a 25 de abril de 2023.- Baixo o título “Sector Industrial: retos e oportunidades das empresas especializadas en xestión de residuos”, a Asociación Profesional de Empresas Ambientais (APROEMA), da que forma parte Sogama, promove unha xornada na que expertos do sector analizarán os desafíos e oportunidades da xestión de residuos en Galicia.
O evento terá lugar este venres, 28 de abril, en Santiago de Compostela, concretamente na Fundación Eugenio Granell, e dará comezo ás 12:00 horas coa benvida da presidenta de Aproema, Arantxa Mañas. Acto seguido intervirán a secretaria xeral de Industria, Paula Uría Traba, quen dará a coñecer a súa visión sobre o futuro do sector ambiental en Galicia, que en todo caso debe avanzar cara a unha comunidade máis competitiva, innovadora, preparada e verde, así como Mireia Medina Ramos, de Ernst & Young, S.L, que abordará os pormenores da fiscalidade na xestión de residuos.
O acto concluirá coa intervención da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.
Fonte e imaxe: Aproema