- A súa directora explicou que o regulamento “recoñece a importancia decisiva da industria da reciclaxe para conseguir que, alomenos o 40% do consumo anual das materias primas críticas proveñan de procesos de transformación realizados na UE”
- A Federación sinala que o 10% do consumo de materias primas estratéxicas debería extraerse na UE e que, para asegurar a circularidade e a seguridade da subministración, a industria europea da reciclaxe debería poder producir alomenos o 15% do consumo anual da UE de cada materia prima estratéxica
Cerceda, a 27 de abril de 2023.- Logo da presentación, o pasado 24 de marzo, do borrador do Regulamento de Materias Primas Críticas, a directora de FER, (Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe), Alicia García-Franco, deu a benvida ao mesmo, debido a que acelera a normativa para reducir a dependencia da UE da importación de materias primas esenciais de terceiros países e, con isTo, asegurar a cadea de subministración nas transicións ecolóxica e dixital.
Tamén explicou que o regulamento “recoñece a importancia decisiva da industria da reciclaxe para conseguir que, alomenos o 40% do consumo anual das materias primas críticas (CRM, nas súas siglas en inglés) proveñan de procesos de transformación realizados na Unión Europea”.
Neste sentido, a Federación sinala que o 10% do consumo de materias primas estratéxicas debería extraerse na UE e que, para asegurar a circularidade e a seguridade da subministración, a industria europea da reciclaxe debería poder producir polo menos o 15% do consumo anual da UE de cada materia prima estratéxica.
Este escenario evidencia, unha vez máis, que o sector da reciclaxe é un elo crave da economía circular, xa que a súa actividade garante o acceso ás materias primas estratéxicas que forman parte de aparellos e produtos cando se converten en residuos ao final da súa vida útil.
O documento recoñece que a UE depende actualmente doutros países para a importación dunha serie de CRM. É o caso concreto de China, de onde a UE importa o 93% do seu magnesio e o 86% dos seus metais de terras raras. Por esta razón, preténdese establecer un punto de referencia para non depender dun só terceiro país en máis do 70% das importacións de calquera materia prima estratéxica para 2030.
Así mesmo, García-Franco cualifica de “sumamente importante o apartado do borrador destinado a potenciar aqueles proxectos considerados estratéxicos que fan unha contribución significativa á seguridade de subministración da UE, de aí que os permisos para o inicio dos mesmos outorgaranse máis rapidamente, non superando os 24 meses para os relacionados coa minería e os 12 meses para os de reciclaxe, mellorando, ademais, o acceso ao financiamento”
De especial interese resulta para FER o artigo 25, que contén todas as medidas nacionais sobre circularidade tales como aumentar a recollida de residuos de produtos e compoñentes que conteñan cantidades relevantes de CRM; promover a reutilización e aumentar a preparación para a reutilización de residuos e compoñentes que conteñan CRM; aumentar o uso de CRM secundarias na fabricación, tendo en conta o contido reciclado nos criterios de adxudicación relacionados coa contratación pública e os produtos pertinentes, aumentar a madurez das tecnoloxías de reciclaxe de CRM e promover a substitución de CRM.
“Desde FER estaremos moi atentos a como transcorra o proceso normativo deste regulamento e dispostos a achegar toda a axuda da industria da reciclaxe, que como quedou patente neste borrador, é e será esencial para asegurar o aprovisionamento e a dispoñibilidade das materias primas críticas”, concluíu Alicia García-Franco.
Fonte: FER