Información referida á comunicación e prensa de Sogama.


Como entidade que presta un servizo público, básico e esencial, a aproximadamente 2.240.000 habitantes, Sogama non pode permanecer allea á súa contorna, sendo a comunicación cos distintos sectores sociais una das súas prioridades.
É por iso que, a través de distintos medios e canles, tenta chegar coas súas mensaxes á maior porcentaxe de poboación posible, dando a coñecer, desde a veracidade, a transparencia e o rigor, a súa actividade e proxectos en Galicia, ao tempo que toma tamén boa nota das opinións que os cidadáns e as cidadás teñen sobre o seu labor.
Cuñas radiofónicas referentes aos programas, campañas e cursos de Sogama.
Consulta as nosas publicacións e aprende máis sobre o medio ambiente, dunha forma divertida.