Imaxe

Saúdo do Presidente
A través destas liñas, e como presidente executivo da Sociedade Galega do Medio Ambiente, convídote a navegar polas distintas seccións desta páxina web a fin de que coñezas con máis profundidade e, sobre todo, con máis rigor e transparencia, quen somos, que facemos, como o facemos e para que o facemos.
Somos unha empresa pública autonómica, participada nun 51% pola Xunta de Galicia e nun 49% por Naturgy, cuxo labor se centra na xestión sostible dos residuos urbanos a través dun sistema que aplica de forma prioritaria a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e que complementa coa recuperación enerxética da parte non reciclable.