Qué facemos
As nosas instalacións

Coñece as nosas instalacións dunha forma máis detallada.

Imaxe
O Complexo Medioambiental de Cerceda
Imaxe
instalaciones

A actividade industrial de Sogama centralízase no seu Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), que se atopa unido a unha rede de plantas de transferencia (37 en total), estratexicamente distribuídas polo conxunto do territorio galego, e nas que se transvasa os residuos municipais que se atopan baixo a súa competencia a contedores de gran capacidade, aptos para ser transportados, por tren ou estrada, ata o Complexo cercedense, onde reciben o oportuno tratamento. 

O Complexo está apoiado por un vertedoiro controlado ao que se destinan os rexeitamentos, é dicir, refugallos que, polas súas características, non poden ser reciclados nin valorizados enerxeticamente. No recinto do vertedoiro localízase a planta de compostaxe.
 

Rede de plantas de transferencia
O Complexo Medioambiental de Cerceda
Rede de infraestruturas de compostaxe industrial
Vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa
Preferencias de cookies