Cometido

Características do Modelo Sogama
Cometido

Sogama é un instrumento de xestión pensado por e para Galicia. Grazas ao seu labor, a maior parte dos residuos urbanos producidos nesta comunidade son xestionados de forma correcta, seguindo a xerarquía establecida pola normativa vixente na materia, isto é:

  • Prevención, a través de medidas tendentes a evitar a xeración de residuos baixo a máxima de que “o mellor residuo é o que non se produce”.
  • Redución, aplicando criterios vinculados ao consumo consciente e  racional.
  • Preparación para a reutilización, alongando a vida útil dos produtos antes de ser convertidos en refugallos.
  • Reciclaxe, separando os residuos por tipoloxías e depositándoos nos correspondentes colectores de recollida selectiva para propiciar a súa reciclaxe.
  • Valorización material e/ou enerxética, recuperando os materiais reciclables contidos no lixo en masa (bolsa negra) e transformando en enerxía eléctrica a parte non reciclable.
  • Vertido, última opción dado o seu negativo impacto para o medio ambiente e a saúde pública.

Tres son as fraccións de residuos sobre as que Sogama centra a súa actividade: bolsa amarela, bolsa marrón e bolsa negra.

A bolsa amarela acolle os materiais recollidos selectivamente a través dos colectores amarelos (envases de plástico, latas e briks), que a empresa selecciona por tipoloxías nas súas instalacións, concretamente na Planta de Clasificación (PCLAS), para remitilos aos centros recicladores, onde se converten en novos produtos que se reintegran no circuíto comercial cunha nova vida.

A bolsa marrón identifica a materia orgánica depositada pola cidadanía nos colectores marróns para a súa posterior transformación industrial en compost, un abono natural destinado á agricultura e xardinería.

A bolsa negra representa a fracción resto introducida pola poboación nos colectores convencionais, que Sogama recupera materialmente nunha planta con tecnoloxía 4.0, separando, mediante tecnoloxías de última xeración, os elementos reciclables contidos na mesma (aceiro, aluminio, vidro, briks, diferentes tipoloxías de plásticos, etc) para enviar á industria transformadora, convertendo en electricidade a parte non reciclable.

Esta entidade pública non ten competencias sobre os residuos introducidos en orixe no colector azul (papel e cartón), iglú verde (envases de vidro), recipente de pilas e puntos limpos (residuos de carácter especial tales como voluminosos, aparellos eléctricos e electrónicos –RAEE-, aceites, fluorescentes, etc), que son asumidos polos concellos a través de xestores autorizados para cada tipoloxía.

Imaxe
Perfil contratante
Perfil do contratante
Imaxe
Identidad corporativa
Identidade Corporativa
Imaxe
Complejo medioambiental
O Complexo Medioambiental
Preferencias de cookies