As Nosas Instalacións

Vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa

Localizado no lugar de Areosa (Cerceda), o vertedoiro controlado de Sogama. Configúrase como elemento complementario da actividade do Complexo Ambiental, acollendo unicamente os rexeitamentos non valorizables procedentes deste

 

 

Características da instalación

 

O vertedoiro conta actualmente cunha superficie de 47 hectáreas.

Na zona noroeste do recinto sitúase a Planta de Biogás e a Planta de Compostaxe, mentres que na zona sur atópanse as balsas de lixiviados e de augas pluviais, así como a planta de depuración de lixiviados.

 

Vertedero de Residuos No Peligrosos de Areosa

Sistema de impermeabilización

 

Os residuos dispóñense no correspondente vaso vertido para ser compactados in situ coa maquinaria específica (“Pata de cabra”). O fondo dos vasos de vertido está dotado dun sistema de impermeabilización que evita o contacto dos residuos co solo.

A colocación de diferentes capas illantes imposibilita que se filtren, a través do solo, os lixiviados, que poden estar xerados por distintas causas:

  • Interacción da auga superficial infiltrada sobre o residuo sólido.
  • A propia dinámica de descomposición do residuo.

Para a captación e evacuación de lixiviados disponse dun sistema de drenaxe que os conduce ás correspondentes balsas de almacenamento, pasando logo á planta de depuración, onde son tratados mediante un proceso de osmose inversa.

 

Sistema de Impermeabilización

 

 

 

Depuración de augas

As augas pluviais son recollidas pola rede executada para tal fin e conducidas ó punto de vertido, na que se unen ao permeado procedente da planta de depuración, sendo vertidas ao regato de Areosa, que desemboca no río Lengüelle.

 

Vertedero de Residuos No Peligrosos de Areosa 2

 

Evacuación de gases

Debido á acción das bacterias anaerobias, os residuos urbanos depositados no vertedoiro sofren unha degradación fisicoquímica e biolóxica, xerando subprodutos. As substancias orgánicas sintetízanse por efecto destas fermentacións e os metais son oxidados.

No proceso anaerobio prodúcese anhídrido carbónico e gas metano, dando lugar a un combustible (biogás) que se extrae a través de chemineas de desgasificación formadas por un pozo recheo de grava en cuxo centro se dispón unha tubaxe de drenaxe de gases, de PEAD.

O biogás extraído aprovéitase en 3 motores cunha potencia instalada de 2,2 MW.

 

Vertedero de Residuos No Peligrosos de Areosa 3
Preferencias de cookies