Aprende con Sogama
Recursos educativos
Aprende con Sogama, por medio dos seus recursos educativos e presume dunha boa educación ambiental.
Imaxe

Imaxe

A educación ambiental constitúe unha prioridade para Sogama, xa que só desde a formación e a concienciación conseguiremos avanzar cara a sociedades plenamente comprometidas coa protección da contorna, sendo a xestión sostible dos residuos municipais un piar fundamental.
Neste marco, a aplicación diaria dos tres erres por parte da cidadanía, isto é, reducir, reutilizar e reciclar, contribuirá en boa medida a afianzar o modelo de desenvolvemento que queremos e polo que traballamos: a economía circular.