
A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) é unha empresa pública autonómica, creada no ano 1992 polo Decreto 111/1992 da Xunta de Galicia e adscrita actualmente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que se configura como un instrumento operativo ao servizo da política ambiental de Galicia e ao servizo do Goberno da Xunta en xeral.

A xestión sostible dos residuos municipais no territorio galego constitúe o noso principal labor.

Recursos económicos procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Plataforma de contratación do Sector Público que permite a consulta de anuncios de licitación, adxudicacións provisionais e definitivas, pregos de contratación, etc...

Enmarcado na terceira convocatoria do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP 2021-2017).

Aprende con Sogama, unha opción para incrementar o coñecemento sobre medio ambiente a través de campañas, programas e recursos educativos, pero dun xeito máis lúdico e entretido.

Aquí podes resolver, dunha maneira intuitiva e visual, todas as dúbidas que teñas sobre en que contedor ou punto de achega debes depositar os teus residuos.
As nosas últimas noticias

Somos unha empresa pública comprometida coa sostibilidade, entendida como o equilibrio entre a protección ambiental, o crecemento económico e a cohesión social. Prestamos un servizo público á comunidade galega e facémolo coas máximas garantías e a través de valores tales coma o rigor, o máximo respecto ás normas, a profesionalidade, a solidariedade, a empatía, a ética e a transparencia.
Queremos ser unha entidade de referencia para a cidadanía desde a dimensión ambiental, económica e social.





