
|
- Xornais e revistas.
- Cadernos sen argolas, sen grampas e sen arames.
- Papel de envolver ou embalar.
- Caixas de cartón (de galletas, cereais, zapatos, ….).
- Envases de papel (de arroz, fariña, azucre, ….).
- Cartóns de ovos.
- Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón).
- Libros.
- Follas de apuntamentos.
Non se deben depositar neste recipiente papeis tratados-encerados, plastificados, de calco, sucios ou con restos de graxa.
Recomendacións:
- O papel e o cartón non deben conter elementos accesorios: argolas metálicas, grampas, arames, espirais, ...
- É necesario dobrar e encartar as caixas e introducilas pola ranura do contedor. Se as deixamos á beira do recipiente, móllanse e contamínanse, impedindo o seu posterior reciclado.
|