- Trátase dunha iniciativa lanzada en Luxemburgo polos maiores bancos e institucións nacionais de fomento da UE e o Banco Europeo de Investimentos para acelerar a transición cara a unha economía sostible e circular.
- O importe referenciado destinarase en investimentos durante os próximos cinco anos (período 2019 – 2023), sendo o seu obxectivo evitar e eliminar os residuos, aumentar a eficiencia no uso dos recursos e fomentar a innovación mediante a promoción da circularidade en todos os sectores da economía.
- A Iniciativa Conxunta para a Economía Circular (ICEC) porá o foco de atención en todas as etapas da cadea de valor e no ciclo de vida dos produtos e servizos
Cerceda, a 24 de xullo de 2019.- Os maiores bancos e institucións nacionais de fomento da UE e o Banco Europeo de Investimentos lanzaron unha iniciativa de 10.000 millóns de euros para acelerar a transición cara a unha economía sostible e circular.
Cinco institucións e bancos nacionais de fomento europeos e o Banco Europeo de Investimentos (BEI) presentaron en Luxemburgo unha acción conxunta que ten por obxecto apoiar o desenvolvemento e a aplicación de proxectos e programas de economía circular na Unión Europea (UE).
Destinaranse un mínimo de 10.000 millóns de euros en investimentos durante os próximos cinco anos (período 2019 – 2023), sendo o seu obxectivo evitar e eliminar os residuos, aumentar a eficiencia no uso dos recursos e fomentar a innovación mediante a promoción da circularidade en todos os sectores da economía.
Os cinco bancos e institucións nacionais de fomento son os seguintes:
- Bank Gospodarstwa Krajowego (BGK - Polonia)
- Groupe Caisse deas Dépôts (CDC – Francia) que inclúe Bpifrance
- Cassa Depositi e Prestiti (CDP - Italia)
- Instituto de Crédito Oficial (ICO - España)
- Kreditanstalt für Wiederaufbau (KfW - Alemaña)
As seis institucións asociadas sumarán os seus coñecementos, experiencia e capacidade financeira para proporcionar un mellor apoio á execución de proxectos circulares viables e enfoques de programas.
Así, a Iniciativa Conxunta para a Economía Circular (ICEC) destinará préstamos, investimentos de capital ou garantías a proxectos admisibles e desenvolverá estruturas de financiamento innovadoras para infraestruturas públicas e privadas, municipios e empresas privadas de diferente tamaño, así como para proxectos de investigación e innovación.
A ICEC baséase nas iniciativas en curso dirixidas pola Comisión Europea para impulsar o coñecemento a través de grupos de traballo especializados e desenvolver plans de financiamento.
Esta iniciativa conxunta centrarase especialmente nos investimentos nos Estados membros da UE que contribuirán a acelerar a transición cara a unha economía circular e porá o foco de atención en todas as etapas da cadea de valor e no ciclo de vida dos produtos e servizos:
- Deseño e produción circular: aplicar estratexias de «redución e reciclaxe» para eliminar residuos en orixe a partir do seu deseño e antes da súa comercialización.
- Uso circular e prolongación da vida útil: permitir a reutilización, reparación, reconversión, reacondicionamento ou refabricación de produtos na fase de uso.
- Recuperación de valor circular: recuperar materiais e outros recursos a partir de residuos, a través da recuperación da calor residual e/ou a reutilización de augas residuales tratadas
- Apoio circular: facilitar estratexias circulares en todas as fases do ciclo de vida, por exemplo, co despregue de tecnoloxías TIC clave, dixitalización e servizos de apoio a modelos de negocio e cadeas de valor circulares.
Fonte e imaxe: European Investment Bank
Saúdos, Departamento de Comunicación