- A campaña‘1 m2 contra a basuraleza’, que alcanzou a súa quinta edición, desenvolveuse o pasado sábado, 12 de xuño.
- Contou co apoio, a nivel institucional, da Fundación Reina Sofía.
Cerceda, a 14 de xuño de 2021.- O pasado sábado, 12 de xuño, desenvolveuse a campaña ‘1 m2 contra a basuraleza’ do Proxecto LIBERA, en preto de 1.100 puntos do país.
Grazas á mobilización de máis de 11.000 persoas voluntarias, organizadas en grupos limitados, seguindo en todo momento as medidas de seguridade sanitarias, contornas naturais terrestres, fluviais e mariñas de todas as provincias españolas, e das dúas cidades autónomas, liberáronse de basuraleza.
Entre os participantes, e do mesmo xeito que noutras iniciativas do Proxecto LIBERA, a campaña contou co apoio, a nivel institucional, da Fundación Reina Sofía. A súa Maxestade a raíña Dona Sofía sumouse como unha voluntaria máis á recollida de lixo no Soto das Juntas (Madrid), demostrando, unha vez máis, o seu compromiso, e o da Fundación que leva o seu nome, coa protección e conservación da natureza.
A forte participación na quinta edición desta gran cita colaborativa nacional para chamar a atención sobre o abandono de residuos na natureza, pon de manifesto a crecente concienciación e preocupación por parte da cidadanía ante este problema.
A mobilización dos voluntarios que axuntaron as súas forzas con este fin, foi apoiada por 10 entidades científicas, educativas e divulgativas de gran prestixio que forman parte da rede de alianzas de LIBERA.
Ademais, colectivos e asociacións ambientais de todo o país crearon 331 puntos de recollida. Á cita tamén se sumaron 115 concellos, entre eles o de O Grove (Pontevedra).
Fonte e imaxe: Retema