- Esta conmemoración foi aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas e impulsada pola Comisión Internacional do Vidro (ICG), a Comunidade de Asociacións do Vidro (CGA) e ICOM- Glass
- O obxectivo da iniciativa é visibilizar a importancia científica, económica, ambiental e cultural do vidro como elemento transformador da humanidade
Cerceda, a 3 de marzo de 2022.- 2022 foi proclamado no seu momento como Ano Internacional do Vidro, unha conmemoración aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas e impulsada pola Comisión Internacional do Vidro ( CG), a Comunidade de Asociacións do Vidro (CGA) e ICOM- Glass.
O obxectivo desta iniciativa é visibilizar a importancia científica, económica, ambiental e cultural do vidro como elemento transformador da humanidade, toda vez que este material xogou un papel fundamental no desenvolvemento e evolución da arquitectura, a automoción, os artigos para o fogar e os envases. Hoxe é un elemento esencial en sectores crave como o da enerxía, a biomedicina, a agricultura, a electrónica, as telecomunicacións e o sector aeroespacial, entre outros. Así mesmo, merece unha mención especial o papel que xogou na batalla contra a pandemia global da COVID-19, ao servir para os viais das vacinas.
ENVASE DE VIDRO: 100% SOSTIBLE E CIRCULAR
Do envase de vidro, cabe destacar a súa capacidade para protexer bebidas e alimentos. O seu uso remóntase a antigas civilizacións como a exipcia e fenicia, aínda que non foi ata o século XVII cando se fabricaron as primeiras botellas de vidro modernas e tarros de conserva. Entre as bondades dos envases de vidro cabe destacar algunhas tales como:
- Circularidade: o vidro é un material 100% reciclable infinitas veces: dun envase de vidro reciclado pódese fabricar outro coas mesmas propiedades e características.
- Natural: os seus principais compoñentes proveñen da natureza: area de sílice, carbonato de sodio e calcaria.
- Inerte: o vidro non interactúa nin física nin químicamente coa contorna nin co contido.
- Sostible: dependendo da súa tipoloxía, os envases de vidro admiten a incorporación de ata un 90% de calcín (vidro reciclado), o que evita a extracción de materias primas da natureza.
- Reutilizable, especialmente no sector da hostalería e restauración.
Ecovidrio sumouse á conmemoración do Ano Internacional do Vidro, en colaboración con ANFEVI (Asociación de Fabricantes de Envases de Vidro) e os investigadores do Instituto de Cerámica e Vidro do CSIC (Consello Superior Investigacións Científicas).
A entidade realizará durante o ano exposicións itinerantes, conferencias informativas, eventos e contidos divulgativos sobre o vidro, a súa evolución e curiosidades, así como a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a economía circular.
Fonte: FuturEnviro
Imaxe: Ecovidrio