- Poderán optar ao galardón, dotado con 1.000 €, particulares ou entidades que acheguen algunha solución/proxecto de economía circular na xestión dos residuos municipais
Cerceda, ao 27 de setembro de 2023.- O congreso Recuwaste 2023, que se celebrará en Mataró (Barcelona) os días 14 e 15 do próximo mes de novembro, convida a profesores, investigadores, estudantes, cátedras, centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, administracións e empresas, entre outros, a presentar algunha solución/proxecto de economía circular na xestión dos residuos municipais e optar ao Premio Alfonso Maíllo, dotado con 1.000 €, que se entregará o 15 de novembro no auditorio do Tecnocampus.
O Comité Organizador analizará todas as propostas recibidas ata a data límite e escollerá as 10 mellores para que sexan expostas en formato póster na zona común de networking do congreso.
Os criterios de valoración serán o impacto que achegan ás temáticas destacadas do Congreso; a innovación do contido; e a orixinalidade que poidan proporcionar.
Todos os pósters poderán presentar a súa iniciativa cun relatorio de 3 minutos e os asistentes ao congreso terán a oportunidade de votar ao que consideren o mellor. En caso de empate, decidirá o Comité organizador.
Datos a ter en conta
- 30 de setembro: prazo límite para presentar as candidaturas.
- 9 de outubro: infórmase aos 10 proxectos escollidos.
- 20 de outubro: data límite para envío do PDF do póster de cara á súa produción.
- 14-15 de novembro: exposición de pósters e votacións abertas (a través dunha APP).
- 15 de novembro, ás 09:30 h, presentación, durante 3 minuto,s de cada proxecto no auditorio do congreso. Ás 14:00 h, entrega do premio.
Toda a información en https://recuwaste.com/call-for-posters/
Saúdos, Departamento de Comunicación