- Celebrarase mañá, 14 de outubro, sendo o seu obxectivo chamar a atención sobre a necesidade de xestionar correctamente estes pequenos aparellos debido a que, polo seu tamaño, en moitas ocasións acaban depositados nos contedores do lixo convencional, impedindo a recuperación das materias primas que conteñen.
- Estanse a realizar esforzos en todo o mundo para reverter esta tendencia crecente e é por isto que os SCRAP pertencentes a WEEE Forum traballan permanentemente para propiciar que a axeitada xestión destes pequenos dispositivos sexa fácil e cómoda para os consumidores.
Cerceda, a 13 de outubro de 2022.- Mañá, 14 de outubro, celébrase a quinta edición do Día Internacional dos Residuos Electrónicos. Este ano centrarase nos pequenos aparellos eléctricos e electrónicos (é o caso de teléfonos móbiles, cepillos de dentes eléctricos, tostadoras ou cámaras, entre outros), que veñen a representar un 8% de todos os RAEE, e cuxa correcta xestión ambiental constitúe todo un desafío debido a que, en moitas ocasión acaban depositados nos contedores convencionais da fracción resto, non pudendo recuperarse as materias primas que conteñen.
En Europa, ata 1,4 quilogramos de RAEE por habitante terminan no contedor de lixo ordinario cada ano, coa particularidade de que existe unha tendencia a acumular pequenos electrodomésticos fóra de uso en armarios, garaxes, sotos ou faiados. De feito, estímase que, nun fogar europeo medio, acumúlanse ata 5 kg de dispositivos electrónicos por persoa.
Pascal Leroy, director xeral de WEEE Forum, asociación que agrupa a 46 sistemas de xestión de RAEE a nivel internacional, explica que “Con esta quinta edición, queremos lembrar á xente a importancia de cada un dos residuos electrónicos que se esquecen nos caixóns dos fogares de todo o mundo”, ao que engadiu que “estes dispositivos conteñen importantes recursos que poden usarse na fabricación de novos aparellos electrónicos ou outros equipos, como turbinas eólicas, baterías de automóbiles eléctricos ou paneis solares, todos eles cruciais para a transición ecolóxica e avanzar cara ás sociedades libres de carbono”. Os estudos indican que se poden extraer 800 gramos de prata, 150 gramos de ouro e 50 gramos de paladio dunha tonelada de placas de circuíto impreso, presentes en moitos pequenos aparellos electrónicos como cámaras, teléfonos e tabletas.
Estanse a realizar esforzos en todo o mundo para reverter esta tendencia crecente. Os Sistemas de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) pertencentes a WEEE Forum traballan constantemente para facer que a adecuada xestión destes pequenos dispositivos sexa fácil e cómoda para os consumidores: proporcionando contedores de recollida selectiva en supermercados e grandes superficies, recollendo os pequenos electrodomésticos cando se entregan novos aparellos ou ben ofrecendo apartados de correos para a devolución de residuos de pequenos dimensións, entre outras iniciativas.
Fonte: electro-imagen.com
Imaxe: Pexels