- Os seis novos talentos integrantes desta edición traballaron durante seis meses nunha solución ambiental coa que mellorar a recollida selectiva de envases en municipios afectados pola alta estacionalidade turística
- Probouse ata o de agora en 15 aloxamentos turísticos, situados en Logroño e Mallorca, para coñecer a viabilidade do proxecto de cara ao futuro
Cerceda, a 26 de abril de 2023.- A sétima edición do CircularTalentLab, un programa formativo de TheCircularLab, o centro de innovación aberta en economía circular de Ecoembes, finalizou co desenvolvemento dunha nova solución que dá resposta á problemática ambiental de como mellorar a recollida selectiva de envases en municipios afectados pola alta estacionalidade turística.
Dita solución concretouse na creación de “Ecohoster”, un distintivo que acredita o compromiso dos apartamentos de alugueiro turístico coa separación de residuos, dotándoos de recursos tales como papeleiras azuis e amarelas para a correcta segregación de envases, así como infografías para axudar aos hóspedes a reciclar axeitadamente, acompañadas de información sobre a localización dos contedores máis próximos.
6 meses, 500 horas e 400 ideas
Durante un período de 6 meses e máis de 500 horas de programa, empregáronse estratexias de ideación mediante as que os seis integrantes que conformaron o grupo de traballo adquiriron novas habilidades e coñecementos en materia de sostibilidade e reciclaxe, técnicas de Design Thinking e intercambio de coñecementos de distintas ramas de estudo, coa particularidade de que lles permitiu aprender máis sobre a xestión de proxectos.
Con esta iniciativa, fomentouse que os seis novos talentos do programa, procedentes de diferentes zonas de España e con áreas de coñecemento moi variadas (ADE e Turismo, Ciencia Económicas, Deseño de Produto, Antropoloxía ou Enxeñería) conformen un equipo multidisciplinar para traballar en materia de economía circular, reciclaxe e innovación durante medio ano para resolver este reto. Ao longo de toda a edición estiveron mentorizados por dous product owners de Ecoembes, que os guiaron na modulación e agrupación das ideas ata chegar ao produto final.
Logo de 400 ideas, o reto resolveuse cunha “proba de concepto” que persegue a escalabilidade, realización da solución e, nun futuro, a posible implementación no mercado. Así, o proxecto probouse ata o de agora en 15 aloxamentos de Logroño e Mallorca para coñecer a súa viabilidade.
Fonte e imaxe: Ecoembes