- Organizado polo Consorcio de Residuos do Maresme baixo o lema “A (R)evolución dos recursos”, terá lugar os días 26 e 27 de outubro no Tecnocampus de Mataró.
- No mesmo abordaranse os cambios nos patróns de produción e consumo enmarcados na economía circular, que transformarán de facto o sector dos residuos.
- Para isto contarase coa participación de relatores de recoñecido prestixio a nivel mundial, os cales compartirán experiencias pioneiras que propiciarán a reflexión dos asistentes para identificar as oportunidades e os cambios aa materializar.
- As sesións complementaranse cunha exposición de maquinaria innovadora e unha visita guiada ao Centro Integral de Valorización de Residuos do Maresme.
Cerceda, a 14 de setembro de 2021.- Tras pasar a páxina en branco de 2020, que obrigou a pospoñer a celebración de RECUWASTE debido ao impacto da COVID-19, o congreso de referencia a nivel internacional sobre a xestión dos recursos e os residuos, regresa, se cabe, aínda con máis forza e faino baixo o lema a (R)evolución dos recursos.
Organizado polo Consorcio de Residuos do Maresme, terá lugar os días 26 e 27 de outubro no Tecnocampus de Mataró, e no mesmo abordaranse os cambios na produción e o consumo enmarcados na economía circular, que transformarán de facto o sector dos residuos e esixirán a todos os actores (desde administracións ata organizacións e consumidores), modificar a súa forma de pensar, traballar e actuar.
Igualmente, identificaranse as oportunidades e o estado das últimas tecnoloxías, así como a innovación aplicada á xestión dos recursos por parte das administracións públicas e os operadores privados.
PROGRAMA INNOVADOR A CARGO DOS MELLORES EXPERTOS
Para isto contarase coa participación de relatores de recoñecido prestixio a nivel mundial, os cales compartirán experiencias pioneiras que propiciarán a reflexión dos asistentes para identificar as oportunidades e os cambios a materializar, comprendendo ao mesmo tempo como a sostibilidade e a xestión intelixente dos recursos poden ser ferramentas de peso na reactivación económica.
Con tal fin, deseñouse un ambicioso programa que arrincará o 26 de outubro cunha conferencia inspiradora “As cousas non son tan sinxelas como separar papel ou plástico” que pronunciará Leyla Acaroglu, deseñadora creativa e provocadora cultural. Ao longo do día sucederanse sesións focalizadas no futuro dos recursos e a economía circular.
O 27 será Girogios Kallis, economista ecolóxico, ecoloxista político e profesor ICREA no ICTA, o que actuará de fonte de inspiración coa conferencia “A favor do decrecemento”.
As sesións a desenvolver nesta xornada xirarán ao redor de casos de éxito en innovación e xestión de recursos.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Recuwaste contará tamén cunha exposición de maquinaria innovadora e dotada cos sistemas máis avanzados e a última tecnoloxía na prestación de servizos públicos. Con todo, os que non teñan a oportunidade de vela in situ, poderán facelo a través dunha mostra virtual.
Así mesmo, daranse a coñecer os pormenores do Parc Circular Mataró Maresme, proxecto tractor de Maresme Circular para fomentar novos modelos de produción e consumo aliñados cos obxectivos climáticos, os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e a estratexia da economía circular.
https://maresmecircular.cat/es/parc-circular-mataro-maresme/#parc-circular-mataro-maresme
Como en anteriores edicións, reservarase un espazo para a exposición de posters sobre as mellores iniciativas innovadoras destacables no ámbito da prevención e xestión dos residuos, tanto públicas como privadas.
O Comité do programa do congreso seleccionará tres propostas que poderán presentar a súa iniciativa durante 10 minutos. Todos os posters expostos optarán ao Premio Alfonso Maillo, que obsequia con 1.000 euros ao mellor póster, escollido a través de votación dos asistentes ao Congreso.
O evento culminará cunha visita guiada ao Centro Integral de Valorización de Residuos do Maresme, onde os integrantes do grupo coñecerán a Esfera Verde, unha instalación audiovisual innovadora que mostra como traballar por un cambio de paradigma na xestión de residuos, así como o Simulador 4D, instalación única polas súas características, propia dun parque temático, onde se mostra, dunha forma espectacular, o percorrido que seguen os residuos dentro dunha planta de tratamento equipada coas últimas tecnoloxías e que da servizo a 1 millón de habitantes.
Toda a información en www.recuwaste.com
Inscricións https://recuwaste2021.eventscase.com/attendance/event/index/40183/ES?step=ticket_widget