- Organizacións, cidades, empresas, gobernos e outros actores poden presentar a súa proposta ata o próximo 30 de abril.
- Estes premios poñen o foco de atención en actividades que pretenden axudar a alcanzar os obxectivos do Acordo de París.
- Ás categorías de galardóns habituais, este ano engadiuse unha nova especial "Líderes do clima", que recoñecerá a acción e a ambición transformadora e reproducible dos gobernos a calquera nivel.
Cerceda, a 1 de marzo de 2021.– Desde o pasado 8 de febreiro e ata o próximo 30 de abril, organizacións, cidades, empresas, gobernos e outros actores poden presentar a súa candidatura aos premios da ONU á Acción Climática Mundial, que este ano celebra o seu 10º aniversario. A través dos mesmos recoñécense os exemplos máis innovadores, escalables e reproducibles do mundo en materia de loita contra o cambio climático.
Ás categorías de galardóns habituais, nesta edición engadiuse unha nova especial "Líderes do clima", que recoñecerá a acción e a ambición transformadora e reproducible dos gobernos a calquera nivel (nacional, rexional, de cidade, de pobo, etc.), axudando a reforzar os argumentos para garantir que o mundo poida limitar o aumento da temperatura media global neste século a 1,5 graos centígrados, así como para crear resiliencia ao cambio climático.
Tal e como sinalou a Secretaria Executiva de ONU Cambio Climático, Patricia Espinosa, "Os premios das Nacións Unidas á acción mundial sobre o clima son unha oportunidade para recoñecer aos líderes que, non só están a adoptar esas medidas, senón que tamén ofrecen un exemplo inspirador para que outros gobernos, empresas, cidades e comunidades os sigan".
CATEGORÍAS PREMIOS
O premio 2021 recoñecerá as medidas climáticas que xa están a lograr resultados reais en tres categorías:
1-Neutralidade climática agora: en recoñecemento dos esforzos de individuos, empresas e gobernos que están a lograr resultados reais na transición cara á neutralidade climática.
2-Financiamento de investimentos respectuosos co clima: a innovación resulta clave para facilitar os recursos financeiros necesarios destinados ás iniciativas de adaptación e mitigación climáticas.
3-Líderes do clima: recoñece os esforzos de transformación dos gobernos a calquera nivel (nacional, provincial, estatal, municipal, municipal) que están a cambiar de sitio a agulla do cambio climático.
Un Panel Asesor, formado por expertos sénior procedentes de varios campos de acción e diferentes países, será o encargado de seleccionar aos proxectos gañadores.
As actividades gañadoras serán recoñecidas nunha serie de eventos especiais que terán lugar próximo mes de novembro, en Glasgow (Escocia), no marco da conferencia da ONU sobre cambio climático ( COP26), a máis importante nesta área desde que se adoptou o Acordo de París en 2015.
Fonte: ONU
Imaxe: Pixabay