- Este premio honra a persoas, grupos e organizacións cuxas accións teñen un impacto transformador no medio ambiente
- Nesta nova edición aléntase especialmente a presentación de candidaturas que teñan contribuído a previr, deter e invertir a degradación dos ecosistemas
- A data límite para os nomeamentos conclúe o próximo 11 de abril
Cerceda, a 21 de marzo de 2022 .- O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) lanzou unha nova convocatoria do seu premio anual Campións da Terra -a máis alta honra ambiental das Nacións Unidas- co fin de recoñecer a destacados líderes dos gobernos, a sociedade civil e o sector privado polo seu impacto transformador no medio ambiente.
A convocatoria de 2022 anima especialmente á presentación de candidaturas que teñan contribuído a previr, deter e reverter a degradación dos ecosistemas en todo o mundo. Non en van, case un ano despois do lanzamento do Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración dos Ecosistemas, nunca houbo unha necesidade máis urxente de revivir os ecosistemas danados, xa que, canto máis sans sexan os nosos ecosistemas, máis san será o planeta e os seus habitantes.
Desde o seu lanzamento en 2005, o premio puxo de relevo aos líderes que dedicaron a súa vida a traballar por un planeta máis san, máis xusto e máis sostible. Un total de 106 galardoados, desde xefes de Estado e activistas comunitarios ata dirixentes da industria e científicos pioneiros, foron distinguidos como Campións da Terra.
En 2021, o Premio Campións da Terra volveu a constatar un número récord de candidaturas procedentes de todo o mundo. O crecente interese ao longo dos anos reflicte o aumento do número de persoas que defenden o medio ambiente e un maior recoñecemento do valor deste labor.
Os galardoados en 2021 foron os seguintes:
- A Primeira Ministra de Barbados, Mia Mottley, galardoada na categoría de Liderazgo político pola súa poderosa voz a favor dun mundo sostible desde o sur global, deixando constancia da vulnerabilidade dos pequenos Estados insulares en desenvolvemento debido á emerxencia climática
- As Mulleres do Mar de Melanesia (de Papúa Nova Guinea e as Illas Salomón), galardoadas na categoría de Inspiración e acción, capacitan a mulleres locais para monitorear e avaliar os impactos do blanqueamento xeneralizado de corais nalgúns dos arrecifes máis ameazados do mundo. As capacitacións inclúen mergullo, tecnoloxía e ciencias mariñas
- Maria Kolesnikova (República Kirguisa), galardoada na categoría de Visión emprendedora, é unha activista ambiental, defensora dos mozos e directora de MoveGreen, unha organización que traballa para controlar e mellorar a calidade do aire en Asia Central.
- A Dra. Gladys Kalema- Zikusoka (Uganda), galardoada na categoría de Ciencia e innovación, foi a primeira veterinaria da Autoridade da Fauna Silvestre de Uganda e é unha recoñecida autoridade mundial en materia de primates e enfermidades zoonóticas.
As persoas, entidades gobernamentais, grupos e organizacións poden ser designados nas categorías de Liderazgo político, Inspiración e acción, Visión emprendedora e Ciencia e innovación.
A data límite para as nominacións conclúe o próximo 11 de abril.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente