- Terá lugar o próximo 4 de maio, ás 11:00 horas, e conta co apoio do propio concello de Riveira, Sogama e a firma Recolte.
- A iniciativa enmárcase no proxecto “The Lenguage of the Sea”, que ten por obxecto concienciar á sociedade no coidado do medio ambiente desde o ámbito educativo.
- Forman parte da mesma as asociacións ACEIAS (Asturias), ACEI (Euskadi), ACCEI (Cantabria) e, por suposto , ACEIGA (Galicia), todas elas pertencentes á Federación Nacional de Centros de Estudo de Idiomas FECEI, na que se integran máis de 70 academias e 10.000 alumnos.
- O telón de fondo desta iniciativa é contribuír a facer fronte ao lixo mariño, especialmente á marea de plástico que está ameazando os ecosistemas, a fauna, a pesca, o turismo e a propia alimentación humana.
Cerceda, a 30 de abril de 2019.- ACEIGA (Asociación de Centros de Ensino de Idiomas de Galicia) convoca, para as 11:00 horas do próximo sábado, 4 de maio, unha gran quedada na que as persoas que así o desexen poderán participar na limpeza da praia de Coroso, no concello coruñés de Riveira.
Esta xornada , enmarcada no proxecto “The Language of the Sea”, que ten por obxecto concienciar á sociedade no coidado do medio ambiente desde o ámbito educativo, está promovida de forma conxunta polas asociacións ACEIAS (Asturias), ACEI (Euskadi), ACCEI (Cantabria) e, por suposto, ACEIGA (Galicia), todas elas pertencentes á Federación Nacional de Centros de Estudo de Idiomas FECEI, na que se integran máis de 70 academias e 10.000 alumnos.
Ademais do ensino propio de idiomas, estas asociacións están unidas por un loable fin ambiental: contribuír a un mar limpo e saudable.
As actividades de recollida de residuos a desenvolver o próximo 4 de maio, non só terán lugar na praia ribeirense, senón que se replicarán noutros areais do norte de España, implicando ao propio alumnado e a outros colectivos sociais.
LOITAR CONTRA O LIXO MARIÑO E CREAR CONCIENCIA
O telón de fondo desta iniciativa é contribuír a facer fronte ao lixo mariño, especialmente á marea de plástico que está ameazando os ecosistemas mariños, a fauna, que os inxire ao confundilos con alimento, a pesca, o turismo e a propia alimentación humana.
E é que, tal e como aseguran distintos expertos, de continuar co ritmo actual de produción e consumo, no ano 2050 haberá máis plásticos que peixes nos mares.
Preténdese así chamar a atención sobre a inxente cantidade de refugallos que chegan aos océanos, e que nun 80%,teñen a súa orixe en terra , así como sobre a necesidade de poñer fin aos artigos plásticos dun só uso tales como pratos, vasos, cubertos, pajitas e bastoncillos, e que conforman o 70% do lixo mariño.
Neste sentido, cabe recordar que estes produtos plásticos quedarán prohibidos na Unión Europea a partir do ano 2021, tal e como acordou o Pleno do Parlamento Europeo o pasado mes de marzo.
O encontro do próximo 4 de maio conta co respaldo do concello de Riveira, de Sogama e da empresa Recolte.
Os educadores da Sociedade Galega do Medio Ambiente serán os encargados de explicar previamente aos voluntarios que tipo de residuos son habituais nos areais, como clasificalos e cales son os seus contedores de destino para propiciar o seu posterior reciclado e transformación en novas materias primas.
Máis información sobre a actividade e inscricións no teléfono: 981597490.
Saúdos, Departamento de Comunicación