- Nova campaña de Sogama a través da cal se invita aos cidadáns a formar parte da recuperación con pequenos xestos e sinxelas prácticas na compra, no fogar, nos desprazamentos e no tempo de lecer.
Cerceda, a 1 de abril de 2021.- En tempos convulsos, a responsabilidade eríxese nunha cualidade que cotiza á alza. A crise sanitaria que estamos a vivir ensinounos que a responsabilidade, tanto individual como colectiva, constitúe unha das principais ferramentas para facer fronte á pandemia que tanto trastornou as nosas vidas desde todas as perspectivas. Cumprir co maior rigor as recomendacións das autoridades axudaranos a protexer a nosa propia saúde e a dos demais, e a recuperar, máis pronto que tarde, a tan ansiada normalidade.
Pola súa banda, xestionar os recursos dunha forma responsable e consecuente, tamén contribuirá a preservar a contorna, o noso benestar e, por suposto, a economía.
Compartimos pequenos xestos e boas prácticas a aplicar no ámbito familiar: http://www.sogama.gal/gl/campanha/act%C3%BAa-con-responsabilidade-ambien...
Saúdos, Departamento de Comunicación