- Esta iniciativa sérvese das innovacións tecnolóxicas no ámbito da intelixencia artificial para promover o cambio de comportamentos.
- O bot de mensaxería para a acción climática (ligazón á páxina de Facebook das Nacións Unidas) suxire aos cidadáns accións que poden incorporar no seu día a día para reducir a pegada de carbono.
- Xunto coa ONU, Sir David Attenborough lanzou unha campaña de acción climática que invita a persoas de todo o mundo a compartir as súas opinións sobre o cambio climático a través do hashtag #TomaAsiento.
Cerceda, a 24 de outubro de 2019.- Duchas de cinco minutos, minimizar o uso do automóbil, consumir produtos locais e de tempada, aplicar cada día as tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar), desenchufar os aparellos electrónicos, apagar as luces cando non se necesitan, utilizar lámpadas de baixo consumo e levar a bolsa de casa á compra son, entre outros, pequenos xestos que podemos aplicar todos os días e que contribúen en gran medida a loitar contra o cambio climático.
Distintas iniciativas chaman á acción cidadá. Unha delas é ActúaYa.bot, que se serve das innovacións tecnolóxicas no ámbito da intelixencia artificial (IA) para promover o cambio de comportamentos.
Esta campaña emerxeu pouco despois de que o Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático publicase un informe alertando de que, cos compromisos adquiridos en 2015 co Acordo de París, a temperatura media do planeta aumentará máis de 3º C.
O bot de mensaxería para a acción climática (ligazón á páxina de Facebook das Nacións Unidas) suxire aos cidadáns accións que poden incorporar no seu día a día para reducir a pegada de carbono.
A campaña pon de relevo os efectos positivos da acción colectiva nun momento de crise climática como o actual.
Xunto coa ONU, Sir David Attenborough promoveu unha campaña de acción climática que invita a persoas de todo o mundo a compartir as súas opinións e experiencias sobre o cambio climático a través do hashtag #TomaAsiento.
Co lanzamento de “O Asento deTodos”, a ONU está traballando para involucrar a todos os cidadáns co fin de sumar as súas voces para abordar o problema que define o noso tempo: o cambio climático.
A xente de todo o mundo ten así unha oportunidade única de facer oír as súas voces e de que as súas opinións sexan incluídas no discurso que será pronunciado por Sir David Attenborough na Conferencia sobre Cambio Climático da ONU (COP24), que se celebrará o próximo 3 de decembro en Polonia.
Fonte e imaxe: ONU
Saúdos, Departamento de Comunicación