- Tanto o director xeral da Fundación ECOLEC como o presidente de ADEN, coincidiron na necesidade de dar continuidade á colaboración entre ambas as dúas entidades para “seguir chegando ao maior número posible de comercios e cidadáns, e brindarlles todas as facilidades á hora de refugar correctamente os produtos electrónicos que xa non queiran usar”.
Cerceda, a 25 de abril de 2022.- A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), xestionou en 2021 un total de 6.471 toneladas de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) a través da Fundación ECOLEC, organización sen ánimo de lucro creada para a defensa do medio ambiente e que mantén un firme compromiso co desenvolvemento sostible.
O director xeral de Fundación ECOLEC, Luís Moreno, explicou que ADEN “é un referente dentro do tecido asociativo nacional no ámbito da comercialización horizontal de aparellos eléctricos e electrónicos, e desde 2008 estivo á vangarda da xestión dos residuos que os seus asociados xeran na súa actividade comercial, polo que é fundamental continuar a nosa liña de colaboración para seguir chegando ao maior número posible de comercios e cidadáns, e brindarlles todas as facilidades á hora de refugar correctamente os produtos electrónicos que xa non queiran usar”.
ADEN, a través das súas empresas asociadas, CENOR – MILAR RADIO – GRUCOGA – MASTER CADEA – UGESA e VICOSA, conta cunha ampla rede de 756 establecementos en sete comunidades autónomas (Asturias, Cantabria, Castela e León, Galicia, Navarra, A Rioxa e País Vasco), que crece cada ano, e das que 521 son puntos de venda vinculados directamente á Fundación ECOLEC para a xestión dos RAEE.
Pola súa banda, o presidente de ADEN, Andrés Pérez, fixo fincapé en “o compromiso dos establecementos asociados coa correcta xestión dos RAEE e coa economía circular”.
Fonte: FuturEnviro
Imaxe: Pixabay