
- O "1º AEVERSU SUMMIT: Encontro Global de Valorización Enerxética" terá lugar o próximo 8 maio no espazo Fundación Giner de los Ríos, en Madrid
- O evento enfocarase no debate sobre o potencial da valorización enerxética dentro das políticas de xestión de residuos, explorando como esta tecnoloxía pode contribuír a acadar os obxectivos establecidos pola UE para 2035
Cerceda, a 19 de marzo de 2025.- O próximo 8 de maio, Madrid será o escenario do “1º AEVERSU Summit: Encontro Global sobre Valorización Enerxética”, un evento pioneiro organizado pola Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos (AEVERSU), á que pertence Sogama. Este congreso preséntase como un punto de referencia anual para o sector e ten como obxectivo analizar os retos e oportunidades que a valorización enerxética presenta en España e Europa, no marco da xestión de residuos.
O AEVERSU Summit reunirá aos principais actores do ámbito empresarial e público, tanto a nivel nacional como europeo. O evento enfocarase no debate sobre o potencial da valorización enerxética dentro das políticas de xestión de residuos, explorando como esta tecnoloxía pode contribuír a acadar os obxectivos establecidos pola Unión Europea para 2035.
Así mesmo, concíbese como unha oportunidade para fortalecer a colaboración público-privada, promovendo o intercambio de ideas sobre o futuro da valorización enerxética e a súa integración nas políticas de residuos. Debateranse temas fundamentais como a mellora de procesos, a procura de solucións innovadoras e o impulso a unha maior cooperación entre os distintos actores do sector.
De forma paralela, levarase a cabo o AeversuTECH, un espazo dedicado á exposición das últimas innovacións tecnolóxicas e avances na valorización enerxética.
Oportunidades e retos na valorización enerxética
Durante a xornada, os asistentes terán a oportunidade de escoitar a expertos da industria e representantes institucionais sobre o papel crucial da valorización enerxética. Segundo Joaquín Pérez Viota, presidente de AEVERSU, “O sector da valorización enerxética atópase ante un momento clave. Para cumprir cos obxectivos europeos antes de 2035, todos os estados membros deberán reciclar alomenos o 65% dos residuos e reducir a eliminación en vertedoiro a menos do 10%. Ningún territorio poderá acadar estes obxectivos sen a axuda da valorización enerxética, unha tecnoloxía que xa demostrou a súa eficacia en Europa".
Pérez Viota engade que, na actualidade, en España máis do 50% dos residuos urbanos xerados elimínanse en vertedoiros, mentres que só un 11% se valoriza enerxeticamente, o que destaca a necesidade urxente de aumentar a capacidade de tratamento mediante esta tecnoloxía.
Este evento é tamén unha continuidade do esforzo de AEVERSU por posicionar a valorización enerxética como unha solución fundamental na xestión sostible de residuos. Logo do éxito do evento celebrado o ano pasado en conmemoración do seu 25º aniversario, o AEVERSU Summit establécese como unha cita anual que aglutina a profesionais do sector cun obxectivo común: consolidar a valorización enerxética como un piar fundamental das políticas ambientais, tanto en España como en Europa.
Con esta iniciativa, AEVERSU reafírmase como un referente no impulso da valorización enerxética, un sector esencial para acadar os obxectivos de sostibilidade e transición enerxética da UE.
Patrocinadores e colaboradores
O evento, que terá lugar no espazo Fundación Giner de los Ríos, en Madrid, contará coa participación de importantes patrocinadores e colaboradores. Entre eles atópanse ACCIONA, FCC, PAPREC, PREZERO, URBASER, VALORIZA, VALTALIA e VEOLIA, como patrocinadores ouro. Ademais, KANADEVIA actuará como patrocinador prata e MAGALDI como colaborador.
Fonte e imaxe: Aeversu
Saúdos, Departamento de Comunicación