Ante esta situación de crise sen precedentes orixinada polo COVID19, desde Sogama queremos manifestar o noso máis sincero agradecemento ao personal ao servizo desta empresa pública, tanto ao de oficinas como ao que desenvolve o seu labor nas distintas plantas que conforman a infraestrutura industrial desta Sociedade pública, así como ao que fai posible que cada día se transporte o lixo desde distintos puntos da Comunidade ata Cerceda, polo seu esforzo, dilixencia, dedicación e plena observancia das normas de prevención establecidas no plan de continxencia activado no seu momento.
Igualmente, queremos estender a nosa gratitude a todo o sector da recollida, transporte e tratamento de residuos, que continúa coas súas tarefas para que o lixo que producimos nas nosas casas sea tratado de forma correcta e sostible.
Forza e ánimo!!
Presidente
Javier Domínguez Lino