- 500 profesionais do mar e 104 embarcacións recolleron e transportaron o lixo mariño desde distintos portos españois, entre eles tres galegos: Muros e Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) e Bueu (Pontevedra)
- O proxecto recuperou un total de 5.200 quilos de residuos mariños que foron acondicionados en AIMPLAS mediante técnicas de reciclaxe mecánica, remitíndoos a unha ONG onde o material se transformou en planchas de plástico para a fabricación artesanal dos bancos
- Cada banco ten un peso total de 13,5 quilos e contén entre un 30% e un 50% de lixo mariño.
Cerceda, a 15 de xuño de 2022.- AIMPLAS, o Instituto Tecnolóxico do Plástico, participou nun proxecto da iniciativa Mares Circulares de Coca Cola que posibilitou a recuperación dun total de 5.200 quilos de lixo mariño das costas españolas para darlles unha segunda vida en forma de mobiliario urbano, que xa se está a instalar nos distintos portos colaboradores a modo de recoñecemento aos pescadores involucrados.
Concretamente, 500 profesionais do mar e 104 embarcacións recolleron e transportaron o lixo mariño desde distintos portos españois, entre eles tres galegos: Muros e Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) e Bueu (Pontevedra). Posteriormente, os residuos foron acondicionados en AIMPLAS mediante técnicas de reciclaxe mecánica e, desde alí, remitíronse á ONG Plàstic Preciós, onde o material se transformou en planchas de plástico para a fabricación artesanal dun total de 15 bancos. Cada unha destas pezas de mobiliario urbano ten un peso total de 13,5 quilos e contén entre un 30% e un 50% de lixo mariño.
A prevención, recuperación e valorización do lixos mariño é unha das liñas de investigación de AIMPLAS aliñada cos ODS, especialmente co ODS 9 Industria, Innovación e Infraestrutura, o ODS 12 Produción e Consumo Responsables, o ODS 14 Vida Submarina e o ODS 17 Alianzas para lograr os Obxectivos.
O Centro Tecnolóxico do Plástico leva adiante outros proxectos nos que, grazas á I+D+i en reciclaxe mecánica e reciclaxe química, fixo posible dar unha segunda vida ao lixo mariño en forma de mobiliario urbano, téxtiles técnicos para roupa deportiva e mesmo combustible.
Fonte e imaxe: AIMPLAS