- Este logro enmárcase no proxecto “WaysTUP!”, financiado polo programa Horizonte 2020 da UE, participando no mesmo 26 centros de investigación, autoridades locais, empresas e redes de cidades
Cerceda, a 12 de decembro de 2022.- AIMPLAS (Instituto Tecnolóxico do Plástico), conseguiu obter un filme plástico a partir de pousos de café, transformando un residuo nunha fonte de produtos de alto valor.
O proxecto, que leva por nome “WaysTUP!, é, a xuízo da investigadora principal en Aimplas, Nuria López, “un claro exemplo de coma os residuos biolóxicos poden desempeñar un papel importante na transición cara a unha economía circular, evitando a súa xeración e capturando o seu potencial como unha fonte de recursos secundarios de gran valor”.
O filme plástico biobasado producido por AIMPLAS conseguiuse a partir de PHA procedente de pousos de café de restaurantes recollidos por BIOBEAN (UK). En primeiro lugar, AIMPLAS formulou o PHA para que sexa procesable mediante extrusión e, despois, fabricou o filme que servirá para conformar distintos tipos de envases flexibles.
Así mesmo, o proxecto WaysTUP! tamén pretende mellorar a actual percepción dos cidadáns e as comunidades locais sobre a importancia que teñen os residuos orgánicos urbanos como recurso e fomentar a súa activa participación na recollida selectiva desta fracción para a posterior valorización da mesma.
Ademais, está a proporcionarse asesoramento ás administracións locais para adoptar novos modelos de organización a favor da valorización de residuos orgánicos urbanos, así como recomendacións baseadas en evidencias de políticas a nivel europeo para a toma de decisións.
O proxecto está financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea e nel participan 26 centros de investigación, autoridades locais, empresas e redes de cidades.
Fonte e imaxe: AIMPLAS