- Terá lugar os días 1 e 2 de decembro en formato híbrido, e no mesmo abordaranse os retos e oportunidades na xestión e reciclado dos residuos plásticos.
Cerceda, a 29 de novembro de 2021.- O futuro da industria dos plásticos pasa pola súa adaptación á economía circular, un modelo produtivo no que os recursos empregados redúcense ao mínimo, sendo posible recuperar os residuos xerados grazas á súa capacidade de ser reciclados.
A reciclaxe dos plásticos foi gañando protagonismo nos últimos anos ata converterse nun sector clave para a industria do plástico que, da man da I+D, non deixou de avanzar incorporando novas tecnoloxías.
É por este motivo que Aimplas (Instituto Tecnolóxico do Plástico), organizou para os días 1 e 2 de decembro a primeira edición do seu Seminario Internacional de Reciclaxe de Plásticos. Terá formato híbrido e os interesados poderán acceder ás sesións presencialmente (con límite de aforo) ou por streaming.
O evento abordará os retos e oportunidades relacionados coa xestión e reciclado dos residuos plásticos e presentará iniciativas que a industria está a poñer en marcha a nivel internacional.
ESTRUTURA E RELATORES
Estruturado en seis bloques diferenciados, o seminario abordará a importancia da reciclaxe de plásticos nunha economía circular; os procesos de recollida, selección e separación; as tecnoloxías de reciclaxe mecánica e química; os retos e desafíos da reciclaxe, así coma os aspectos relacionados coa lexislación, normativa e certificación de plástico reciclado.
Unha trintena de profesionais conforman o programa de relatorios. Trátase de especialistas procedentes de centros de investigación como a Universidade de Belgrado e o propio AIMPLAS, organizacións como CEFIC, Plastics Recyclers Europe, Plastics Europe, Cicloplast ou a Asociación Española de Lixos Mariños, así como de empresas como RIGK, Tomra, Picvisa, Bravender, Coperion, Leistriz, Sogapol, Altero, BYK, Repsol, Elix Polymers, Total Corbion, TPL, BASF, Keller & Heckman e Crowdhelix.
Fonte e imaxe: Aimplas