- Terá lugar o próximo 29 de outubro, na sede da entidade, e arrincará cun relatorio de Peter Eder, investigador no Joint Research Centre da Comisión Europea.
- No transcurso do evento abordaranse as distintas opcións para aumentar a circularidade dos plásticos, así como a importancia do ecodeseño á hora de desenvolver produtos reutilizables, reciclados e reciclables.
- Igualmente, analizaranse algunhas tecnoloxías de vangarda para a valorización e o reciclado dos plásticos.
Cerceda, a 16 de setembro de 2019.- AIMPLAS organiza unha xornada técnica para axudar ás empresas a implantar a economía circular, un novo modelo de produción e consumo impulsado pola Unión Europea a fin de propiciar que os produtos se manteñan o maior tempo posible na economía, propiciando desta forma unha menor xeración de residuos e limitando en gran medida o consumo dos xa escasos recursos naturais.
Preténdese así deixar atrás o sistema de economía lineal, dominada polas malas prácticas de usar e tirar, e transitar cara a unha circular que permita impulsar o crecemento sostible, baixo en carbono, eficiente no uso dos recursos, competitivo e que contribúa á loita contra o cambio climático.
CUESTIÓNS A ABORDAR
A xornada, que terá lugar o próximo 29 de outubro, arrincará cun relatorio de Peter Eder, investigador no Joint Research Centre da Comisión Europea, quen falará sobre a visión e perspectivas da Comisión en materia de Economía Circular e Plásticos.
Abordaranse as distintas opcións para aumentar a circularidade dos plásticos, así como a importancia do ecodeseño á hora de desenvolver produtos reutilizables, reciclados e reciclables.
Igualmente, presentaranse ferramentas de utilidade para coñecer a reciclabilidade dos envases e desgranaranse os pormenores das ecoetiquetas e certificados ambientais como instrumentos de peso para xerar confianza nos materiais plásticos reciclados. Adicionalmente, exporase un caso de éxito no que se refire ao papel dos SCRAP como impulsores do reciclado de produtos plásticos.
Na segunda parte do encontro analizaranse algunhas tecnoloxías de vangarda para a valorización e o reciclado dos plásticos. En concreto, daranse a coñecer distintas iniciativas tales como o proxecto Tray2Tray sobre o reciclado de envases multicapa; o proxecto SEPARAR, que logrou desenvolver un proceso de separación de PE e PP; tecnoloxías industriais para o reciclado de plásticos de RAEEs e VFUs; outras tecnoloxías innovadoras para eliminar cheiros e sustancias perigosos dos plásticos reciclados, etc.
Finalmente, unha mesa redonda reunirá a grandes firmas con representantes de consumidores para analizar as necesidades, retos e tendencias no mercado relacionados coa Economía Circular e os plásticos.
A xornada contará coa posibilidade de asistir nos descansos do café e do xantar a demostracións prácticas da ferramenta Recyclass, desenvolvida por Plastics Recyclers Europe para poder avaliar a reciclabilidade dos envases plásticos.
Fonte: AIMPLAS
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación