- Este innovador filme plástico conseguiuse a través do emprego de aceites esenciais nanoencapsulados, resultando máis respectuoso co medio ambiente.
- O traballo desenvolvido enmárcase no proxecto europeo FLEXPOL, no que participaron un total de once entidades de cinco países, entre eles España.
Cerceda, a 24 de marzo de 2020.- AIMPLAS, Instituto Tecnolóxico do Plástico, participou no proyecto FLEXPOL, financiado pola Comisión Europea no marco do programa H2020, co obxectivo de desenvolver un novo dispositivo con propiedades antimicrobianas e funxicidas que se aplicará en hospitais e que será máis respectuoso co medio ambiente. Para isto empregáronse aceites esenciais nanoencapsulados, prevendo obter un produto de fácil aplicación e tamén sinxelo de retirar.
Trátase dun filme plástico concibido para ser colocado en superficies moi expostas ao contacto e que evite a proliferación de organismos microbianos nas mesmas.
O principal reto do proxecto foi manter intactas as nanocápsulas dos aceites esenciais durante o procesado do filme debido á súa baixa resistencia térmica. Neste marco, AIMPLAS aportou os seus coñecementos en nanotecnoloxía para desenvolver un método que evita que estas se destrúan durante o seu procesado na fase de compounding.
Grazas a este proxecto, que trala súa fase de laboratorio desenvolverase nunha contorna hospitalaria real, será posible reducir de xeito relevante o uso de deterxentes e de antibióticos, resultando unha alternativa cun custo inferior aos métodos empregados actualmente.
Se ben se prevé a súa aplicación en hospitais, tamén pode resultar de interese noutros sectores tales como o do transporte público, a alimentación, o téxtil, a construción, o eléctrico-electrónico e ata o gandeiro.
Coordinado por Fraunhofer, neste proxecto participaron un total de once entidades de cinco países: AIMPLAS, Naturality, Universidade de Alicante, Instituto de Investigación Sanitaria Biodonostia, IK4-Tekniker e a Fundació Institut Català de Nanociència i Nanotecnologia (ICN2) (España); Propagroup e Softer (Italia); Fraunhofer IPT (Alemania); 3B’s Research Group da Universidade de Minho (Portugal); e Granta Design Ltd. (United Kingdom).
Fonte e imaxe: AIMPLAS