- Viaxaron a Cerceda para recibir unha sesión formativa e coñecer, dunha forma máis próxima, a operativa desta empresa pública
- Destacaron pola súa alta participación durante a xornada e o seu nivel de interactividade cos monitores, mostrándose moi proactivos durante o desenvolvemento de actividades
Cerceda, a 16 de xaneiro de 2025.- Un grupo de alumnos de 17 anos diagnosticados con TEA (Trastorno do Espectro Autista), e que cursan os seus estudos no CEE Ricardo Touceda de Ferrol, visitaron o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda co obxectivo de efectuar un percorrido virtual polas instalacións que o conforman.
Deste xeito, tiveron a oportunidade de coñecer o tratamento ao que son sometidos os residuos dende que entran nesta infraestrutura ata que saen da mesma convertidos en recursos. Así, e mentres que a parte reciclable sepárase por tipoloxías de material para enviar aos centros recicladores, coa non reciclable acondiciónase un Combustible CDR que se valoriza enerxeticamente nunha planta termoeléctrica para producir enerxía eléctrica renovable.
Os mozos destacaron pola súa alta participación durante a xornada e a súa interactividade cos monitores, mostrándose moi proactivos á hora de desenvolver distintas actividades e de responder ás preguntas formuladas polos técnicos.
Manifestaron ter aprendido moito coa visita 360 e tamén ter gozado no desprazamento polas distintas plantas que conforman o Complexo. Igualmente, foron do seu agrado os xogos interactivos, que lles permitiron poñer a proba os seus coñecementos na recollida selectiva de residuos, así coma os seus reflexos e habilidades motoras.
Ademais de formular diversas preguntas relativas á actividade industrial de Sogama e a aplicación da intelixencia artificial á xestión de residuos, tamén fixeron achegas relativas á contenerización das rúas e superficies comerciais.
Saúdos, Departamento de Comunicación