- O grupo recibiu, no Complexo Medioambiental de Cerceda, unha sesión informativa e formativa sobre a xestión sostible dos residuos municipais, e efectuou un percorrido guiado polas distintas instalacións que conforman esta infraestrutura
Cerceda, a 18 de abril de 2023.- Alumnado da Universidade Sénior da UDC, e pertencente ao Campus de Ferrol, visitou recentemente o Complexo industrial de Sogama en Cerceda para coñecer con máis precisión a súa actividade e ampliar os seus coñecementos ambientais.
Atendidos por un equipo de educadores especializados, recibiron unha sesión informativa e formativa sobre a cometido de Sogama na xestión sostible dos residuos urbanos producidos na meirande parte do territorio galego, e realizaron un percorrido guiado polas distintas instalacións que conforman a infraestrutura cercedense.
Alí puideron ver a planta de clasificación de envases lixeiros, onde se reciben os materiais recollidos a través dos contedores amarelos (envases de plástico, latas e briks) e sepáranse mecánicamente por tipoloxías para a súa posterior remisión aos centros de reciclaxe.
Así mesmo, seguiron o circuíto polo que transcorre a fracción resto (bolsa negra) e que comeza cunha segregación dos residuos por tamaños, unha selección daqueles que aínda poden ser reciclados e a elaboración dun combustible CDR coa parte non reciclable, que transforma en enerxía eléctrica. De feito, a electricidade producida en Sogama equivale ao consumo do 12% dos fogares galegos.
A Universidade Sénior é o medio a través do cal a UDC se pon ao dispor de todas as persoas maiores de 50 anos que xa non están en activo. Para acceder a ésta, non se requiren estudos previos, senón simplemente manter vivo o desexo de aprender. A través desta modalidade académica búscase a difusión do coñecemento e a formación ao longo de toda a vida, contribuíndo deste xeito a unha sociedade máis inclusiva, culta, crítica, activa e participativa.
Saúdos, Departamento de Comunicación