- Por medio deste acordo, as asociacións provinciais integrantes na Federación potencian a recollida dos residuos entre as empresas instaladoras asociadas, buscando que todos os asociados cumpran coas súas obrigas de reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos.
Cerceda, a 11 de novembro de 2019.- AMBILAMP (Asociación para o reciclado de residuos de iluminación), da man do seu Director Xeral, Juan Carlos Enrique Moreno, e FENIE (Federación Nacional de Empresarios de Instalacións de España), representada polo seu Presidente, Jaume Fornés, formalizaron un novo acordo de colaboración para fomentar a recollida e reciclado de aparellos electrónicos fóra de uso entre as empresas instaladoras.
Ambas organizacións comprométense a seguir traballando conxuntamente para avanzar na recuperación dos residuos electrónicos, así como nas distintas tarefas de formación e concienciación ambiental na materia.
Por medio deste acordo, as asociacións provinciais integrantes na Federación potencian a recollida dos residuos entre as empresas instaladoras asociadas, buscando que todos os asociados cumpran coas súas obrigas de reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos.
Para levar a cabo estas accións, tanto AMBILAMP/AMBIAFME como FENIE potencian estas prácticas entre todos os eventos levados a cabo por parte da Federación de forma conxunta.
AMBILAMP creouse en 2005 como Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor, sendo o seu obxectivo a implantación e mantemento dun modelo de recollida e tratamento de aparellos de iluminación en España.
A Asociación conta actualmente con máis de 390 produtores adheridos e máis de 35.000 puntos de recollida. A partir de 2018, e a través de AMBIAFME, ampliará as súas actividades aos diferentes subsectores do material eléctrico.
Pola súa banda, a Federación Nacional de Empresarios de Instalacións de España constituiuse en 1997 e está integrada por 71 asociacións que agrupan a máis de 15.000 empresas que, á súa vez, aglutinan a preto de 95.000 traballadores altamente especializados cuxo volume anual de negocios supera os 7.900 millóns de euros.
Fonte: AMBILAMP
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación