- Das 8.843 toneladas recollidas, 6.286 corresponden a residuos de iluminación e 2.557 a residuos de material eléctrico e electrónico.
- Desde a súa fundación en 2005, AMBILAMP recolleu para a súa reciclaxe 29.000 toneladas de residuos de lámpadas e case 11.000 de luminarias.
- Pola súa banda, AMBIAFME recolleu, desde o comezo da súa actividade, 2.834 toneladas de material eléctrico e electrónico.
Cerceda, a 2 de marzo de 2020.- AMBILAMP (Asociación para a Reciclaxe de Residuos de Iluminación) recolleu en 2019, para a súa reciclaxe, 8.843 toneladas de residuos fronte ás 5.126 toneladas de 2018, dato que representa un incremento do 72,51%.
Deste total, 2.709 toneladas corresponden a residuos de lámpadas (fronte ás 2.616 de 2018, un 3,55% máis), 3.577 toneladas a residuos de luminarias (fronte a 2.233 de 2018, o que se traduce nun aumento do 60,19%) e 2.557 toneladas a residuos de material eléctrico e electrónico baixo a marca AMBIAFME. Neste sentido, é preciso ter en conta que 2019 foi o primeiro exercicio completo no que a actividade desta marca desenvolveuse durante doce meses, posto que en 2018 só estivo en funcionamento desde agosto —mes no que entrou en vigor o novo ámbito de aplicación do Real Decreto RAEE 110/2015— ata decembro.
Con estes resultados AMBILAMP sitúase nun 101% do cumprimento do obxectivo legal marcado polo Ministerio de Transición Ecolóxica para todas as súas liñas de negocio.
Desde 2005, ano no que se fundou esta Asociación, rexistrou xa un acumulado de 29.000 toneladas de residuos de lámpadas recicladas (o que equivale a uns 220 millóns de unidades) e, desde 2012, exercicio no que comezou a recoller residuos de luminarias, xa contabilizou case 11.000 toneladas de luminarias recicladas.
A través da súa páxina web, http://www.ambilamp.es/recogida/puntos_de_recogida, AMBILAMP ofrece un localizador de puntos de recolluda a nivel nacional. Así, e de forma diferenciada (cidadáns e profesionais da iluminación) poden acceder a un buscador no que están incluídos por localidades os máis de 35.000 puntos de recollida da Asociación.
A actividade desempeñada por AMBILAMP no ámbito del reciclado revierte en múltiples beneficios medioambientais, entre eles evitar a emisión á atmosfera de millóns de toneladas deCO2.
AMBILAMP conta con máis de 400 produtores adheridos e máis de 35.000 puntos de recollida.
Fonte e imaxe: AMBILAMP