Noticias
"Ante os desafíos ambientais da segunda onda do coronavirus"
- Artigo do presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez Lino, publicado na revista técnica FuturEnviro.
Resulta evidente que a COVID-19 trouxo consigo unha gran inestabilidade (sanitaria, económica e social) e tamén novos residuos, como é o caso das máscaras desbotables, que están a ocasionar serios prexuizos ambientais cando son abandonadas na natureza ou arroxadas ás rúas.
Así mesmo, e para facer fronte ao incremento dos refugallos sanitarios, as comunidades autónomas que contan con plantas de valorización enerxética están recurrindo en moitos casos a estas instalacións para garantir o correcto tratamento dos mesmos, evitando desta forma que se convertan noutro problema de saúde pública.
Ver artigo completo (páxinas 24 e 25) en https://futurenviro.es/digital-versions/2020-10/24/index.html