- Terá lugar na Illa de Ons e, en caso de choiva, a entidade ten previsto un plan B: o Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, con sede en Vigo.
- O encontro nutrirase coas intervencións de María Luz Macho Eiras, subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático da Xunta de Galicia; Beatriz Piñeiro Lago, técnico de saúde e especialista en medicina preventiva e saúde pública; e Bruno de Llano Gómez-Ulla, especialista en Xestión de Residuos de Ecoembes.
- Os interesados poden formalizar a súa inscrición antes do próximo 31 de maio.
Cerceda, a 28 de maio 2019.- A contaminación do aire será o tema estrela, a nivel global, sobre o que xirará a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, que terá lugar o próximo 5 de xuño.
A Asociación Profesional de Empresas Mediombientais de Galicia (APROEMA), entidade da que Sogama forma parte, organiza un encontro que, baixo o título “Galicia Unidos por un Planeta # SenContaminacioDoAire”, levará a cabo na propia Illa de Ons, integrada no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.
Desta forma, a organización súmase a unha das efemérides de maior calado no calendario verde e faino cunha actividade a través da cal evidencia a súa firme aposta por un aire limpo e un labor industrial e empresarial compatible coa protección da contorna e a saúde das persoas.
A presidenta de APROEMA, Maruxa Pérez Vázquez, será a encargada de abrir a xornada, que terá continuidade coa intervención de María Luz Macho Eiras, subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático da Xunta de Galicia; de Beatriz Piñeiro Lago, técnico de saúde e especialista en medicina preventiva e saúde pública; e de Bruno de LLano Gómez-Ulla, especialista en Xestión de Residuos da Dirección de Xestión Local e Autonómica de Ecoembes, quen desgranará a campaña promovida por esta entidade e que leva por lema “Pensa cos pulmóns”.
Unha mesa redonda coas achegas dos relatores e reflexións dos asistentes sobre como contribuír á mellora da calidade do aire poñerá o broche final á cita, que se complementará con accións de lecer tales como unha comida enxebre e unha visita pola propia illa de Ons.
No caso de que o día amaneza con choiva, APROEMA ten preparado un plan B, trasladando o encontro ao centro de visitantes do Parque Nacional das Ilas Atlánticas de Galicia, con sede en Vigo.
Os interesados poden formalizar a súa inscrición antes do 31 de maio.
https://www.youtube.com/watch?v=nCLL3lHzyNw&feature=youtu.be
http://aproema.com/galicia-sincontaminacióndelaire
Saúdos, Departamento de Comunicación