- Organizados en colaboración coa Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes, a USC e a Fegamp, buscan recoñecer o compromiso e o labor meritorio daqueles individuos, organizacións, institucións ou empresas que realizaron contribucións significativas á preservación, protección e restauración do medio ambiente galego
- O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o próximo 20 de outubro e a cerimonia de entrega de galardóns terá lugar na Coruña o 23 de novembro
Cerceda, a 13 de setembro de 2023.- A Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA) convocou a sexta edición dos seus Premios de Medio Ambiente, cuxo obxecto é destacar e recoñecer as accións individuais e/o colectivas, tanto públicas como privadas, en favor do medio ambiente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estes premios, organizados en colaboración coa Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes, a Universidade de Santiago de Compostela(USC) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), buscan impulsar a conciencia ambiental e fomentar as actividades en prol da mellora do medio ambiente. Deste xeito, a iniciativa ten como propósito recoñecer o compromiso e o labor meritorio daqueles individuos, organizacións, institucións ou empresas que realizaron contribucións significativas na preservación, protección e restauración do medio ambiente galego.
Grazas ao apoio de institucións, empresas e a sociedade en xeral, estes galardóns destacaron accións valiosas e inspiraron a outros a desenvolver iniciativas en prol da sostibilidade.
O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o próximo 20 de outubro a través do correspondente formulario na páxina web: https://premios.aproema.com/
A cerimonia de entrega dos Premios Medio Ambiente APROEMA terá lugar o 23 de novembro, na Coruña.
Sobre APROEMA
A Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia (APROEMA) é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro, creada en 1997, de ámbito autonómico, que xorde como iniciativa dun grupo de empresarios do sector ambiental en Galicia, copropósito de coordinar, defender, asesorar e representar os lexítimos dereitos dos seus asociados e como un foro de debate aberto en defensa do medioambiente.
Fonte e imaxe: APROEMA
Saúdos, Departamento de Comunicación