- Terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, tanto en formato presencial como en liña, o próximo 21 de marzo
Cerceda, a 13 de marzo de 2024.- A Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA) e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), promoven conxuntamente un taller de dixitalización centrado na automatización e a transición cara a unha cultura de “papel cero”. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer a empresas e profesionais a oportunidade de explorar as últimas tecnoloxías e estratexias dixitais deseñadas para optimizar procesos internos, reducir o uso de papel e mellorar a eficiencia operativa.
O taller terá lugar na sede da CEP, tanto en formato presencial como en liña, o próximo 21 de marzo, de 10:00 a 12:00 horas
Presentado e moderado pola presidenta de Aproema, Arancha Mañas, contará coa intervención de empresas tales como INNPLICA, experta en innovación real, que falará de necesidades tecnolóxicas colectivas; de Teimas, compañía líder en solucións de automatización e dixitalización de procesos empresariais, que se centrará nas tecnoloxías ao servizo da sostibilidade; e de DOCUTEN, líder en solucións de xestión de documentos electrónicos e firma dixital, que explicará o alcance da firma e factura electrónica para mellorar a eficiencia.
Fonte e imaxe: Aproema