- Terá lugar o próximo 13 de febreiro, de 09:00 a 11:00 horas, en Santiago de Compostela (Hotel Oca Puerta del Camino).
- O encontro estará protagonizado por un destacado profesional do sector ambiental, Aitor Sáez de Cortázar Junguito, pertencente á Sociedade Pública vasca IHOBE, quen dará a coñecer as experiencias desenvolvidas en Euskadi no marco da economía circular para os RCD.
- Os residuos da construción e demolición representan o 30% do total dos refugallos que se producen na UE e, en España, só o 25% dos mesmos xestiónase en plantas autorizadas.
Cerceda, a 6 de febreiro de 2020.- Na súa sección de almorzos ambientais, a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA) organiza un específico sobre xestión de residuos de construción e demolición (RCD). Terá lugar o próximo 13 de febreiro, entre as 09:00 e as 11:00 horas, en Santiago de Compostela (Hotel Oca Puerta del Camino).
O encontro, dirixido a xestores de residuos, empresas, concellos e profesionais interesados na temática, estará protagonizado por un destacado profesional e experto do sector ambiental, Aitor Sáez de Cortázar Junguito, pertencente á Área Técnica de IHOBE (Sociedade Pública de Xestión Ambiental adscrita ao Departamento de Medio Ambiente e Política Territorial do Goberno Vasco), quen dará a coñecer as experiencias desenvolvidas en Euskadi no marco da economía circular para os RCD.
ESCENARIO ACTUAL
A partir deste mesmo ano, o 70% dos residuos da construción e demolición (RCD) deberá someterse a procesos de xestión e valorización. Este é un dos obxectivos da estratexia europea de xestión de residuos incluídos na Estratexia de Construción 2020, que obriga a cada un dos Estados membros a reducir o 20% das emisións de gases de efecto invernadero en relación aos niveis de 1990, a incrementar nun 20% as fontes de enerxía renovable, e noutro 20% a eficiencia enerxética.
Os RCD representan o 30% do total de refugallos que se producen na UE e, en España, só o 25% dos mesmos xestiónase en plantas autorizadas.
Información e inscrición en https://aproema.com/almorzos.aproema/