- Celebrarase o próximo 27 de abril na Confederación de Empresarios de Galicia e terá formato híbrido (presencial e en liña)
- O evento estará protagonizado por Cristina Riestra, xefa de área de medio ambiente e clima, e responsable do grupo de traballo de CEOE de economía circular
Cerceda, a 18 de abril de 2022.- APROEMA, a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia, promove unha xornada centrada no PERTE de Economía Circular, que terá lugar, en formato híbrido (presencial e en liña) o próximo 27 de abril, de 10:00 a 13:00 horas.
O evento celebrarase na Confederación de Empresarios de Galicia, con sede en Santiago de Compostela, e estará protagonizado por Cristina Riestra, xefa de área de medio ambiente e clima, e responsable do grupo de traballo de CEOE de economía circular, que intervirá por videoconferencia.
A inscrición debe realizarse a través desta ligazón: https://www.aproema.com/empresas_medioambiente_galicia/formulario-de-inscripcion-jornada-perte-de-economia-circular/
SOBRE APROEMA
APROEMA leva máis de dúas décadas traballando en prol do medio ambiente da comunidade autónoma, centrándose particularmente no ámbito da xestión dos residuos. De feito, unha boa parte dos seus membros son empresas de almacenaxe e valorización de residuos, tanto industriais como municipais.
Unha boa parte destas compañías teñen xa unha sólida traxectoria no sector ambiental e mostraron, ao longo dos anos, unha interesante evolución ao pasar de ser simples prestadoras de servizos de recollida e transporte de residuos a contar con instalacións propias nas que se realizan procesos diversos para a posta en valor das materias primas contidas nos residuos, contribuíndo así á “economía circular”.
Estas mesmas empresas seguen a realizar un esforzo investidor, de investigación, innovación e formación. Con todo, o peche dos ciclos das materias primas e a redución progresiva de procesos de eliminación, require un traballo colaborativo cunha visión 360°. É dicir, necesita de todos os axentes implicados no ciclo da economía circular.
Por este motivo nace a idea de desenvolver, desde APROEMA, como entidade representativa do sector, un proxecto que, a través dun traballo de pequena escala e reducida extensión territorial, sirva para establecer metodoloxías de traballo e conectar así, de maneira eficiente, aos diferentes axentes que interveñen no ciclo.
Fonte: Aproema
Saúdos, Departamento de Comunicación