- Terá lugar este mércores, 26 de outubro, no Parque Empresarial Porto do Molle de Nigrán (Pontevedra), e na mesma participarán representantes de entidades líderes en sostibilidade e xestión ambiental (Coca-Cola, Ecoembes, Aproema e GDOCE)
Cerceda, a 23 de outubro de 2023.- Baixo o título “Como as empresas poden contribuír a un futuro máis sostible e circular?, a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (Aproema), coa colaboración da Zona Franca de Vigo, promove un encontro, enmarcado á súa vez no Ciclo de Xornadas: “Transformando a industria cara á sostibilidade: Novidades Ambientais 2023”, na que líderes en sostibilidade e expertos en xestión ambiental comparten os seus coñecementos e experiencias a fin de abordar os desafíos ambientais e sociais máis apremiantes do noso tempo.
Durante esta cita, que terá lugar o próximo 26 de outubro, de 11:00 a 14:00 horas, no Parte Empresarial Porto do Molle de Nigrán (Pontevedra), explicarase como implementar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nas empresas, que oportunidades de financiamento europeo existen para proxectos ambientais e como as principais marcas están a trazar o camiño cara á sostibilidade.
Intervencións
Así, no transcurso da xornada contarase coas intervencións de María Troncoso Calvo, PACS Área Norte de Coca-Cola Europacific Partners Ibeira S.L.U, quen falará da Memoria de Sostibilidade desta compañía e o seu impacto nun futuro sostible; Bruno de Llano Gómez-Ulla, Especialista en Galicia (Dirección de Xestión Local e Autonómica) de Ecoembes, encargado de explicar a innovación aplicada á xestión de envases; Arancha Mañas Álvarez, presidenta de Aproema, quen disertará sobre a implementación dos ODS nas empresas; Miguel Caneda, Responsable de Proxectos de GDOCE, quen dará a coñecer as Oportunidades de Financiamento Europeo para a Sostibilidade Ambiental: Estratexias e Recursos; e Sara Domínguez Alonso, directora de Aproema, que abundará nos recursos achegados por esta asociación para a incorporación da economía circular ás empresas.
Máis información en https://www.aproema.com/empresas_medioambiente_galicia/event/jornada-como-las-empresas-pueden-contribuir-a-un-futuro-mas-sostenible-y-circular/
Saúdos, Departamento de Comunicación