- O proceso de recollida, selección e reciclado de calquera envase de aluminio, ten uns requisitos técnicos que levan a súa propia terminoloxía e que, polo xeral, non son moi coñecidos.
- Os 56 termos contemplados son de sinxela lectura, podendo atoparse o seu equivalente en inglés, en francés e en alemán.
- O glosario constitúe unha excelente ferramenta de traballo para os profesionais que informan sobre o proceso de reciclaxe deste material, así como para as persoas que traballan no sector da recuperación e a reciclaxe.
Cerceda, a 8 de novembro de 2021. A Asociación para a Reciclaxe de Produtos de Aluminio (ARPAL) e a Asociación de Xornalistas de Información Ambiental (APIA) lanzaron un “Glosario de termos relacionados coa recollida, selección e reciclaxe do aluminio”. Tras un exhaustivo traballo de investigación, ambas as dúas entidades acordaron a mellor definición posible para que cada termo albergue información, transparencia e precisión.
Recoñecen que cada vez é máis difícil que os xornalistas, informadores, educadores e profesionais da recuperación e a reciclaxe atopen unha información de consulta rápida, asequible e contrastada cos diferentes termos que xorden á hora de informar sobre a cadea de reciclaxe do aluminio. E, ademais, non sempre é doado atopar a palabra equivalente en inglés ou noutros idiomas como o francés ou o alemán.
O proceso de produción e posterior recollida e reciclado de calquera envase de aluminio, ten uns requisitos técnicos que levan a súa propia terminoloxía e que, polo xeral, non son moi coñecidos. Tanto na web de ARPAL https://aluminio. org/ como na de APIA http://www.apiaweb.org/, pódese atopar un glosario, de fácil e cómodo acceso, que axuda a aclarar dúbidas no traballo que estean a facer os profesionais.
Os 56 termos contemplados son de sinxela lectura, e, ademais, ao final pode atoparse os seus equivalentes en inglés, francés e alemán.
MATERIAL 100% RECICLABLE
O aluminio é un material que non perde calidade na súa reciclaxe, propiciando o aforro de auga, mineral bauxita e enerxía, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera.
Unha vez depositados os envases usados de aluminio no contedor amarelo, pasan ás plantas de selección, onde se separan doutros materiais, e desde alí son trasladados a un xestor de residuos, quen preparará a nova materia prima para levala a fundición.
Unha vez fundido, o aluminio pode utilizarse para fabricar calquera produto deste material como unha bicicleta, un perfil de xanela, un envase ou un coche, entre outros. De feito, máis do 75% do aluminio fabricado desde hai máis de 100 anos segue en uso grazas á reciclaxe.
SOBRE APIA E ARPAL
A Asociación de Xornalistas de Información Ambiental (APIA) reúne a xornalistas de toda España que traballan no ámbito da información sobre medio ambiente. Creouse a finais de 1994 e, actualmente, conta con máis de 200 profesionais adscritos.
Pola súa banda, a Asociación para a Reciclaxe de Produtos de Aluminio (ARPAL), é unha entidade sen ánimo de lucro que naceu en abril de 1994 co obxectivo de promover a reciclaxe de produtos de aluminio e alcanzar as taxas de reciclaxe requiridas pola lexislación.
Fonte: ARPAL
Imaxe: Pexels