- A través de 48 páxinas interactivas, os profesionais dos medios de comunicación teñen á súa disposición unha ferramenta informativa e de consulta na que se detalla o circuíto do aluminio: desde o seu descubrimento ata o seu papel na economía circular
Cerceda, a 5 de abril de 2024.-A Asociación para a Reciclaxe de Produtos de Aluminio (ARPAL) e a Asociación de Xornalistas de Información Ambiental (APIA) lanzaron unha “Guía para xornalistas sobre a reciclaxe de aluminio”.
A través de 48 páxinas interactivas, os profesionais dos medios de comunicación teñen á súa disposición unha ferramenta na que se detalla a historia do aluminio: desde o seu descubrimento ata o papel que actualmente desempeña na economía circular.
Trátase dunha guía sinxela, accesible e de fácil lectura que os interesados poderán descargar nas páxinas de ARPAL https://aluminio.org/ e na de APIA http://www.apiaweb.org/
Na mesma recóllense, entre outras cuestións, as características do aluminio, o seu proceso de reciclaxe e beneficios, campañas formativas e de sensibilización social, a lexislación que regula o sector e mesmo un anecdotario e recursos web que permiten aos interesados abundar e ampliar a información proporcionada.
Incídese tamén nas particularidades deste material, xa que permite ser reciclado de forma indefinida sen perder propiedades, así coma no status que adquiriu a día de hoxe ao converterse nun elemento indispensable que apoia e fomenta a transición verde e a descarbonización.
O contido desta Guía fou elaborado por expertos profesionais de APIA, xunto coa colaboración de ARPAL, que logo dun exhaustivo traballo de investigación, conseguiron un documento contrastado, imprescindible no escritorio de calquera xornalista que teña que informar sobre a reciclaxe deste material.
Fonte e imaxe: ARPAL