- A iniciativa está protagonizada polas propias mascotas, a través dunha serie de viñetas, e compleméntase cun vídeo informativo e accións en redes sociais
- Segundo o estudo de censos realizado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Alimentos para Animais de Compañía, ANFAAC e Veterindustria 2021, en España hai máis de 29 millóns de mascotas
Cerceda, a 28 de outubro de 2022.- A maioría dos envases de comida húmida para as nosas mascotas están fabricados con aluminio, un material que pode reciclarse de forma indefinida sen perder propiedades. E precisamente para promover a súa recuperación, ARPAL lanzou a campaña “Reciclar os envases de aluminio das nosas mascotas”, na que estas protagonizan unha serie de viñetas que se complementan cun vídeo informativo e accións en redes sociais.
Desde ARPAL convídase a que os responsables do sector de alimentación de animais de compañía, asociacións defensoras de animais, de veterinarios e tendas especializadas, se sumen a esta iniciativa co fin de conseguir que un elemento tan valioso coma o aluminio non acabe desperdiciado e se lle dea unha nova vida transformándoo en distintos produtos. De feito, o 75% do aluminio que se fabricou desde hai 100 anos segue en uso grazas á reciclaxe. Ademais de todo isto, moitos consumidores estarían dispostos a cambiar de marca ou a pagar máis por un produto que utilice un envase máis respectuoso co planeta.
Segundo o estudo de censos realizado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Alimentos para Animais de Compañía, ANFAAC e Veterindustria 2021, en España hai máis de 29 millóns de mascotas. A maior porcentaxe son cans (máis de 9 millóns), seguido polos peixes (case 7 millóns) e gatos (preto de 6 millóns).
SOBRE ARPAL
ARPAL é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en abril de 1994 co obxectivo de promover a reciclaxe dos envases de aluminio e alcanzar as taxas de reciclado requiridas pola lexislación.
Fonte e imaxe: ARPAL
Saúdos, Departamento de Comunicación