- En tan só cinco eventos, amateurs e profesionais, recolleu 710 quilos de pilas usadas.
- Competicións de fútbol, baloncesto, rugby, ciclismo e equitación son algúns dos escenarios nos que esta entidade leva a cabo tamén un labor formativo e de concienciación.
- Ecopilas conta coa rede de recollida de pilas e baterías portátiles máis estensa de España, estando conformada por máis de 35.500 puntos.
Cerceda, a 7 de xuño de 2019.- A Fundación Ecopilas, Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) para a xestión dos residuos de pilas e baterías arrinca con forza en distintos eventos deportivos tendo recollido xa nos mesmos 710 quilos de pilas usadas a través dos contedores instalados para tal fin.
Competicións deportivas, amateurs e profesionais, constitúen algúns dos escenarios nos que Ecopilas desprega diferentes medios para posibilitar a recollida destes refugallos e concienciar sobre a necesidade de levar a cabo unha xestión sostible dos mesmos que posibilite unha maior protección ambiental.
Escolas de fútbol e baloncesto, torneos de rugby, competicións de ciclismo, como foi o caso da Volta a Asturias e concursos internacionais de equitación son, entre outros, algúns dos escenarios nos que Ecopilas se involucrou ao máximo.
A súa presenza neste tipo de eventos arrincou xa no ano 2011 a través da súa colaboración coa Volta a España. Desde entón, e dada a excelente resposta obtida, ampliou a súa cooperación e apoio a outras citas deportivas celebradas en el país.
Actualmente, Ecopilas conta coa rede de recollida de pilas e baterías portátiles máis estensa de España, estando conformada por máis de 35.500 puntos de recollida, situándose como a segunda rede máis ampla de Europa, con aproximadamente 796 puntos de recollida por cada millón de habitantes.
Con 811 empresas adheridas, é o sistema colectivo de pilas e baterías máis relevante de España.
Toda a información en www.ecopilas.es
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación